A Xunta afirma que Galicia quere estar na primeira poxa de eólica mariña que convoque o Goberno porque, de non facelo, perdería unha oportunidade única

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, interveu hoxe na xornada Enerxías mariñas, unha grande oportunidade para Galicia, organizada por Cluergal
  • Esta postura é coherente coa defensa que vén facendo a Xunta de Galicia dunha eólica mariña compatible coa actividade pesqueira, remarca

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ferrol, 30 de maio de 2025

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asegurou hoxe que "Galicia quere estar na primeira poxa de megavatios de eólica mariña" que se convoque en España porque, de non facelo, dixo, "perdería unha oportunidade única" para posicionarse "á vangarda desta tecnoloxía".

Fernández Vila, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, interveu hoxe na xornada Enerxías mariñas, unha grande oportunidade para Galicia, organizada polo clúster de enerxías renovables, Cluergal, onde puntualizou que esta postura é coherente coa defensa que vén facendo a Xunta de Galicia dunha eólica mariña compatible coa actividade pesqueira: "Defender esta postura non está en contra do que levamos meses e anos dicindo: que debemos desenvolver a eólica mariña garantindo a coexistencia e compatibilidade co medio mariño e coas actividades existentes", dixo.

"A eólica mariña pode traccionar toda a cadea de valor da industria, pode atraer riqueza, xerar postos de traballo e atraer investimentos", engadiu, "pódense xerar sinerxías coas actividades preexistentes como o sector pesqueiro", mantendo o rigor técnico, abondou.

O director xeral de Planificación Enerxética lamentou que España leva "case tres anos de atraso na folla de ruta do desenvolvemento da eólica mariña", logo de que en 2023 se aprobaran ao Plans de ordenación do espazo marítimo (POEM) e, posteriormente, o decreto que regula a produción de enerxía eléctrica a partir de instalacións situadas no mar.

Un decreto, lembrou Fernández Vila, que non tivo en conta as alegacións presentadas pola Xunta e consensuadas no seo do Observatorio de Eólica Mariña de Galicia nas que se solicitaba que se incluísen compensacións aos sectores afectados, ou que na baremación dos factores a ter en conta para outorgar o dereito a tramitar estes proxectos, que os criterios sociais e ambientais -non só económicos- tiveran unha ponderación maior.

Con todo, proseguiu, con independencia de que iso non se aceptara, "a realidade é que desde o Ministerio dixeron que o desenvolvemento das poxas tería lugar naqueles territorios onde houbese unha maior vontade de instalar a eólica mariña, e a Xunta de Galicia dio claramente: Galicia quere estar nesa primeira poxa", remarcou.

O director xeral concluíu poñendo en valor que os recursos naturais son un dos principais activos que ten Galicia; neste caso, tanto no que é enerxía undimotriz como eólica mariña.

Na mesma liña, cómpre salientar a importancia de que o Goberno reforce a rede de transporte eléctrico para impulsar o desenvolvemento enerxético de Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 30/05/2025
1035327 {"title":"A Xunta afirma que Galicia quere estar na primeira poxa de eólica mariña que convoque o Goberno porque, de non facelo, perdería unha oportunidade única","published_date":"2025-05-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/184821-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1035327"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-30/1035327-xunta-afirma-galicia-quere-estar-na-primeira-poxa-eolica-marina-convoque-goberno-porque-non-facelo-perderia-unha-oportunidade-unica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.