Lorenzana avanza que en breve se celebrará a primeira reunión do Consello da Minería de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Indica que é un órgano que a Xunta recuperou "para continuar traballando con todas as empresas dedicadas a este sector nun desenvolvemento mineiro seguro pero economicamente moi importante dentro da comunidade autónoma"
- Pon Magnesitas de Rubián como exemplo do "estrito" compromiso desta industria pola seguridade laboral e a sustentabilidade

O Incio (Lugo), 27 de xuño de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzou hoxe que "en breve" se celebrará a primeira reunión do Consello da Minería de Galicia, un órgano que a Xunta recuperou, dixo, "para continuar traballando con todas as empresas dedicadas a este sector nun desenvolvemento mineiro seguro pero economicamente moi importante dentro da comunidade autónoma".
Lorenzana visitou hoxe a fábrica e a mina de Magnesitas de Rubián, o único xacemento galego deste mineral en Galicia e un dos dous que hai na Península, que leva máis de sesenta anos explotando este recurso na comunidade.
A conselleira púxoa como exemplo do "estrito" compromiso do sector pola seguridade laboral e a sustentabilidade posto que, neste caso, apuntou que esta empresa dispón dunha planta fotovoltaica para autoconsumo que satisfai un 25 por cento dos custos de enerxía que precisan as súas instalacións e que contou co apoio do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) por máis de 440.000 euros.
Nesta liña, reivindicou a aposta que está facendo a Xunta de Galicia por apoiar e acompañar o desenvolvemento mineiro porque, segundo dixo, "é un recurso natural, riqueza da comunidade autónoma que, ademais, supón a xeración de emprego industrial de calidade e de maior autoabastecemento".
Así, lembrou que a Xunta convocou este ano 51 novos permisos mineiros de investigación, 17 deles na provincia de Lugo, e que, despois do verán, está previsto que se convoquen máis.
"Este é o camiño que ten que seguir a minería; unha minería comprometida co territorio, desde o punto de vista ambiental e que deixa emprego e desenvolvemento industrial en Galicia", concluíu.