Lorenzana reivindica o momento clave que atravesa o naval galego, presente en Oslo nunha das maiores feiras mundiais do sector

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Destaca que se trata dunha oportunidade única para explorar no mercado internacional novas oportunidades de negocio nun momento en que o naval galego rexistra a maior carga de traballo desde 2019
  • Lembra que a Xunta aprobou recentemente o Plan director do naval con medidas que suman 62 M€ para contribuír a que as empresas galegas do sector poidan internacionalizarse, diversificar mercados e investir en innovación tecnolóxica e sustentabilidade
  • Avoga por promover unha forte aposta por novos nichos de futuro para o sector, que están na eólica offshore e, tamén, na industria da defensa, tal e como promove a Estratexia de defensa e seguridade da Xunta

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Oslo (Noruega), 6 de xuño de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reivindicou hoxe o "momento clave" que atravesa o sector naval galego, presente estes días na prestixiosa feira internacional de construción naval e transporte marítimo de Noruega, Nor-Shipping 2025, que se celebra en Oslo do 3 ao 6 de xuño.

Lorenzana visitou hoxe este certame acompañando unha delegación de preto de trinta empresas galegas do sector encabezadas por Aclunaga, Asime e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, presentes nesta feira co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Nor-Shipping atrae cada ano ás principais empresas marítimas do mundo, armadores, estaleiros, fabricantes de equipos, asociacións e autoridades portuarias. Representando a Galicia, contan con expositor propio Astilleros Armón, Ibercisa, Metalships, Progener-Grupo Emenasa e Aclunaga.

A conselleira destacou que se trata dunha oportunidade única para explorar no mercado internacional novas oportunidades de negocio nun momento en que o naval galego rexistra a maior carga de traballo desde 2019.

Segundo dixo, Galicia finalizou 2024 cunha vintena de contratos (22) na carteira de pedidos, que supón o 40 % do total nacional. A actividade ponderada representa o 41 %, por riba de Asturias (34 %) e País Vasco (26 %), o que sitúa Galicia como líder nacional. Ademais, o naval galego duplicou a súa actividade industrial con respecto a 2023 e consolídase como a comunidade con maior estabilidade histórica de pedidos, o cal garante continuidade e planificación produtiva a medio prazo para os estaleiros galegos.

Lorenzana indicou que para contribuír a esa estabilidade, e a que as empresas galegas do sector poidan internacionalizarse, diversificar mercados e contratos, e investir en innovación tecnolóxica e sustentabilidade, é polo que a Xunta aprobou recentemente o Plan director do naval, con medidas que suman 62 M€.

Na mesma liña, avogou por promover unha forte aposta por novos nichos de futuro para o sector, que están na eólica offshore e, tamén, na industria da defensa, dixo, tal e como promove a Estratexia de defensa e seguridade aprobada pola Xunta que busca, entre outras cousas, atraer cara a este segmento e actividade sectores como o naval, a automoción, o metalmecánico ou as TIC.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 06/06/2025
1042579 {"title":"Lorenzana reivindica o momento clave que atravesa o naval galego, presente en Oslo nunha das maiores feiras mundiais do sector","published_date":"2025-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/186748-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1042579"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-06/1042579-lorenzana-reivindica-momento-clave-atravesa-naval-galego-presente-oslo-nunha-das-maiores-feiras-mundiais-do-sector https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.