A Xunta aposta polo talento e a formación directiva para liderar a economía dixital desde Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, participa nunha nova xornada do programa Capacita Directivos centrada na economía amarela e a transformación dixital
  • Pon en valor a aposta do Goberno galego por impulsar o desenvolvemento de competencias estratéxicas para afrontar os retos das TIC, a intelixencia artificial, o Big Data ou a ciberseguridade
  • Destaca que o programa Capacita Directivos ten desenvolvido xa máis dun cento de actividades, superando os 20.000 asistentes e consolidándose como unha ferramenta clave para fortalecer o tecido empresarial galego

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Coruña, 12 de xuño de 2025

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou esta mañá nunha nova xornada do programa Capacita Directivos, centrada na denominada economía amarela: un novo modelo produtivo impulsado polo coñecemento, a innovación e a transformación dixital.

No marco deste foro, organizado en colaboración con Nordés Club Empresarial, Toca Carús reiterou o compromiso da Xunta coa modernización do tecido empresarial a través da formación estratéxica de persoas directivas e a creación dun ecosistema dixital competitivo, seguro e sostible.

Segundo destacou a directora do Igape, "a economía amarela non é unha opción futura, senón o contexto no que xa operan as nosas empresas". Por iso, subliñou a importancia de xornadas como esta para promover o talento e formar liderados capaces de integrar tecnoloxías emerxentes como a intelixencia artificial, o Big Data ou a ciberseguridade na toma de decisións empresariais.

Durante a súa intervención, Toca Carús sinalou que a economía amarela representa "unha transformación estrutural na maneira de crear, distribuír e capturar valor", onde o activo principal é o coñecemento aplicado e a capacidade de innovación das persoas.

Neste novo paradigma, segundo expuxo, Galicia dispón de elementos clave para consolidarse como referente: talento, pemes dinámicas, clústeres especializados e unha identidade territorial forte. "Temos a oportunidade de incorporar innovación sen perder arraigo, e de xerar crecemento sen renunciar á cohesión territorial", indicou.

A directora do Igape tamén fixo fincapé na necesidade de superar a dixitalización superficial e apostar por unha integración profunda das tecnoloxías nos procesos de negocio. "A IA, o Big Data ou a ciberseguridade deben formar parte do núcleo estratéxico das empresas, e non ser departamentos illados", incidiu.

Máis de 100 actividades e 20.000 asistentes

O programa Capacita Directivos leva case unha década contribuíndo á profesionalización das empresas galegas. Con máis de 100 accións formativas desenvoltas e máis de 20.000 asistentes acumulados, a iniciativa consolídase como unha das principais ferramentas da Xunta para fomentar a transformación dixital desde a dirección empresarial.

Por último, Toca Carús salientou tamén o papel da Oficina Económica de Galicia como "punto único de entrada para emprendedores, pemes e investidores", que xa acompañou máis de 300 proxectos e recibiu máis de 22.600 consultas desde a súa creación hai un ano. "Se queremos que Galicia lidere a transformación dixital, temos que deseñala entre todos", concluíu a directora do Igape, reforzando a aposta da Xunta por unha economía dixital sostible, segura e baseada nas persoas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/06/2025
1047814 {"title":"A Xunta aposta polo talento e a formación directiva para liderar a economía dixital desde Galicia","published_date":"2025-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/187561-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1047814"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-12/1047814-xunta-aposta-polo-talento-e-formacion-directiva-liderar-economia-dixital-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.