Lorenzana apela á coordinación co Goberno central e a UE para defender as empresas galegas á espera de coñecer o escenario arancelario definitivo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Lembra que a Xunta vén mantendo reunións mensuais co Ministerio de Economía, Comercio e Industria, no Pleno Interterritorial de Internacionalización, e tamén co ICEX e a Dirección Xeral de Comercio Internacional e Investimentos
  • Avanza que o vindeiro luns 26 de maio haberá unha segunda reunión cos sectores económicos máis afectados en Galicia para explicarlles as bases da convocatoria de préstamos ao circulante de ata 1 M€ anunciada pola Xunta
  • Destaca que as exportacións galegas a EE.UU subiron en marzo un 40,6 % interanual, (52,84 M€) e, no acumulado de xaneiro a marzo, un 4,7 %, ata situarse nos 161 M€
Imagen del artículo Lorenzana apela á coordinación co Goberno central e a UE para defender as empresas galegas á espera de coñecer o escenario arancelario definitivo
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, apelou hoxe a traballar de xeito coordinado co Goberno central e a UE para defender os intereses das empresas galegas á espera de coñecer como queda o escenario arancelario definitivo. "Temos que tentar reducir esta guerra comercial ao mínimo posible e tratar de negociar. Esta é a primeira cuestión na que hai que traballar de xeito coordinado coa UE e co Goberno de España", dixo.

En resposta unha interpelación no Pleno da Cámara galega, Lorenzana lembrou que a Xunta vén mantendo reunións mensuais co Ministerio de Economía, Comercio e Industria, no Pleno Interterritorial de Internacionalización; en concreto, o pasado 10 de abril e 19 de maio. Ademais, indicou que tamén se celebran encontros a través do Igape, co ICEX e coa Dirección Xeral de Comercio Internacional e Investimentos para o seguimento do impacto da escalada arancelaria. "Non sabemos aínda que aranceis se van impoñer nin cando", observou.

Por parte da Xunta, asegurou que se mantén contacto permanente co tecido produtivo e avanzou que o vindeiro luns 26 de maio haberá unha segunda reunión cos sectores económicos máis afectados en Galicia para explicarlles as bases da convocatoria de préstamos ao circulante de ata 1 M€ anunciada pola Xunta. "Inmediatamente, cando fagan as súas alegacións, sairá publicada" no DOG, afirmou.

Entre outras das medidas postas en marcha pola Administración autonómica, lembrou que a Oficina Económica do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) creou unha unidade especializada de atención con servizos específicos, en coordinación coa súa antena de Miami, desde onde esta semana se veñen organizando webinarios con empresas; hoxe mesmo, do sector da pedra e materiais de construción e, mañá, co biotech e as TIC. Tamén no marco do programa Reacciona, está prevista a próxima posta en marcha dun novo servizo de consultoría especializado en internacionalización. Un plan de resposta, engadiu, que está coordinado co do Goberno de España e incluído no Plan ICEX de Alto Impacto en Competitividade.

Un momento exportador magnífico

Neste contexto, Lorenzana quixo poñer de manifesto o "magnífico" ciclo exportador que vive Galicia, co "mellor dato de exportacións da historia" que, en 2024, acadaron os 31.019 M€, o que supón un crecemento do 3,3 por cento respecto ao ano anterior.

No que vai de 2025, proseguiu, a Comunidade mantén unha posición destacada no panorama estatal, ao representar o 8,1 por cento do total das exportacións españolas rexistradas en marzo, cando Galicia acadou os 2.746,9 M€, unha cifra moi superior aos 2.453,8 do mesmo mes de 2024 (un 12% máis). A balanza acumulada de 2025 amosa, ademais, un valor de 2.213,9 M€.

No que respecta ás relacións comerciais con EE.UU, destacou que no mes de marzo subiron respecto ao ano pasado un 40,6 % interanual, 52,84 M€. E, de igual xeito, no acumulado de xaneiro a marzo creceron un 4,7 % respecto ao mesmo período, ata situarse nos 161 M€.

Aínda así, sinalou que EE.UU é o undécimo mercado das exportacións galegas, que teñen a UE como destino principal. En relación aos sectores galegos máis afectados mencionou as industrias químicas (case 200 M€ de exportacións a EE.UU); o sector agroalimentario e bio (135,8 M€); o metalmecánico (114 M€); o naval (92 M€); e os produtos minerais e da automoción (case 60 M€).

"O que máis nos preocupa é o efecto indirecto dos aranceis recíprocos nas importacións e nas relacións comerciais coa UE e como estas poden afectar aos produtores galegos", concluíu, para apelar á prudencia e a "estar alerta".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 21/05/2025
1026401 {"title":"Lorenzana apela á coordinación co Goberno central e a UE para defender as empresas galegas á espera de coñecer o escenario arancelario definitivo","published_date":"2025-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1026401"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-21/1026401-lorenzana-apela-coordinacion-co-goberno-central-e-ue-defender-as-empresas-galegas-espera-conecer-escenario-arancelario-definitivo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.