A Xunta destaca o papel de programas como o FOEXGA na internacionalización das pemes galegas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora do Igape, Covadonga Toca Carús, visita Bodegas Godeval, exemplo do impulso que ofrece esta colaboración público-privada na proxección internacional do tecido empresarial galego
  • Resalta que a adega participou en máis dunha decena de misións comerciais a EE.UU. e Reino Unido contando co apoio do Igape e das cámaras de comercio
  • Subliña a aposta do Goberno galego pola internacionalización do tecido empresarial, con 12,5 millóns activos este ano que se materializan en liñas como o Galicia Exporta Empresas, o Galicia Exporta Organismos Intermedios ou propio FOEXGA
  • Pon en valor as actuacións que impulsa a Xunta no marco das novas políticas arancelarias de Estados Unidos, cun amplo conxunto de actuacións que comezaron onte mesmo cunha rolda de encontros sectoriais en colaboración coa Antena do Igape en Miami
  • Tras acadar en 2024 un novo récord de exportacións, con máis de 31.000 millóns de euros en vendas ao exterior, Galicia pechou marzo co mellor dato exportador no que vai de ano e cun superávit comercial de máis de 944 millóns de euros

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

O Barco de Valdeorras (Ourense), 20 de maio de 2025

A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou hoxe no Barco de Valdeorras as instalacións de Bodegas Godeval, unha das firmas vitivinícolas galegas con maior vocación exportadora. Neste marco, destacou as políticas de apoio á internacionalización das pemes galegas que desenvolve a Xunta de Galicia a través de iniciativas como o programa FOEXGA, clave para achegar os produtos galegos aos mercados internacionais.

Durante o percorrido, Toca Carús puxo en valor o exemplo de Godeval como proxecto que soubo combinar innovación, calidade e tradición para consolidarse como referente no sector do viño godello. Neste sentido, sinalou, a empresa participa dende hai anos nas misións comerciais FOEXGA promovidas polo Igape e as cámaras de comercio galegas. Grazas a este apoio, logrou reforzar a súa presenza en destinos estratéxicos como Estados Unidos e Reino Unido.

Así, desde 2019, Godeval ten tomado parte en máis dunha decena de misións comerciais, aliñando a súa estratexia co obxectivo compartido de situar a variedade godello, amparada pola Denominación de Orixe Valdeorras, nos mercados internacionais. Este esforzo tradúcese tamén na mellora constante dos seus procesos, como demostra a súa solicitude para participar no programa Reacciona para a preparación de procesos certificables.

Exportacións en máximos históricos

A directora do Igape destacou que a evolución de Godeval encaixa co bo momento que atravesa o comercio exterior galego, no que Galicia pechou o mes de marzo de 2025 cun volume de exportacións superior aos 2.746 millóns de euros, un 12 % máis que no mesmo mes do 2024, ano que se pechou cun récord histórico de vendas ao exterior ao superarse os 31.000 millóns de euros. Trátase do mellor dato mensual no que vai de ano, cun saldo comercial positivo de máis de 944 millóns de euros.

Este crecemento, superior á media estatal, reforza a aposta do Goberno galego por impulsar a proxección internacional das empresas da Comunidade, especialmente en sectores clave como a automoción, o téxtil ou o agroalimentario, onde se inclúe o viño. Para contribuír a este obxectivo, expuxo, a Xunta destina este ano 12,5 millóns a apoiar a saída ao exterior das empresas galegas.

Así, están activos os programas Galicia Exporta Empresas -para que as pemes poidan acceder a fondos para accións en feiras internacionais, campañas de márketing exterior ou proxectos de dixitalización-; o Galicia Exporta Organismos Intermedios; e o propio FOEXGA, que só no 2024 mobilizou máis de 2,3 millóns de euros e permitiu a participación de 274 empresas en preto de setenta misións comerciais en 43 países.

Dúas novas liñas FOEXGA activas

Neste sentido, Toca Carús sinalou que o FOEXGA ten abertas dúas liñas: unha orientada a apoiar a pemes con presencia dixital internacional para participar en feiras e misións comerciais con axudas de ata o 70 % dos gastos subvencionables; e outra para Grandes Empresas, que busca fomentar a participación destas compañías en misións comerciais e eventos expositivos internacionais.

Unha aposta pola internacionalización que, destacou a directora, ten en conta tamén o escenario actual marcado pola política arancelaria dos Estados Unidos. Así, Toca Carús lembrou que a Xunta activou este mesmo luns un conxunto de medidas extraordinarias que combinan acción directa co tecido empresarial e medidas técnicas de apoio para anticiparse aos impactos económicos. A primeira delas consiste na celebración dunha rolda de encontros sectoriais, que comezaron onte mesmo e se desenvolverán ao longo desta semana en colaboración coa Antena do Igape en Miami.

Covadonga Toca rematou destacando o valor engadido que supón para Galicia contar con empresas como Godeval, que elaboran os seus viños integramente con uvas propias e desde un enclave histórico singular como o Mosteiro de Xagoaza. "O viño galego é embaixador da nosa paisaxe, da nosa cultura e da nosa capacidade para innovar. E a internacionalización é o camiño para seguir medrando sen perder as nosas raíces", concluíu.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 20/05/2025
1024911 {"title":"A Xunta destaca o papel de programas como o FOEXGA na internacionalización das pemes galegas","published_date":"2025-05-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/181537-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1024911"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-20/1024911-xunta-destaca-papel-programas-como-foexga-na-internacionalizacion-das-pemes-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.