A Xunta destaca que o Plan Director do sector da alimentación incrementará a competitividade desta industria clave para a economía galega
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, participa na 1ª xornada de traballo para a elaboración do Plan Director deste sector declarado estratéxico polo Goberno galego
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, destacou hoxe que o Plan Director do sector da alimentación incrementará a competitividade desta industria clave para a economía galega.
Vázquez participou en Santiago na 1ª xornada de traballo para a elaboración do Plan Director deste sector declarado estratéxico polo Goberno galego, e na que tamén participaron representantes das Consellería do Medio Rural e a Consellería do Mar.
No encontro, fixo fincapé no papel que desempeñan estes instrumentos de carácter estratéxico e que teñen o obxectivo de potenciar o desenvolvemento da actividade industrial a través de medidas encamiñadas a fortalecer as industrias, mellorando a súa competitividade en termos produtivos, sociais e de emprego, fomentando a súa internacionalización, favorecendo a sustentabilidade e impulsando a innovación nos procesos produtivos.
Trátase de contar cun instrumento consensuado e que dea unha resposta real ás necesidades de cada sector, neste caso do alimentario, co obxectivo de acompañalo durante o seu proceso de transformación. Contará con medidas que, partindo dunha análise da situación de partida, permitan impulsar a modernización e produtividade, dixitalizar procesos, implantar modelos de produción máis eficientes e respectuosos co medio ambiente e mellorar a seguridade.