Lorenzana exixe ao goberno un compromiso serio coa reindustrialización das zonas de transición xusta e pide dotalas de fondos e liñas de conexión eléctrica
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Sostén que os proxectos industriais previstos nas Pontes foron tramitados pola Xunta "coa máxima celeridade" e, aínda así, no ano 2025, non están autorizados nin en operación, entre outros motivos, por cuestións derivadas da falta de subministración
- Reprocha ao Goberno a súa falta de política industrial, que deriva en que o peche das centrais térmicas se fixera sen planificación
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, exixiu hoxe ao Goberno central un compromiso serio coa reindustrialización das zonas de transición xusta en Galicia que ten que comezar, dixo, por dotalas de fondos e mellores redes de interconexión eléctrica para favorecer a implantación de novos proxectos.
En resposta a unha interpelación no Pleno do Parlamento, Lorenzana indicou que, no caso concreto do concello das Pontes, a Xunta xa declarou tres proxectos industriais estratéxicos con previsión de instalarse aí: a planta de hidróxeno renovable que promoven Reganosa e EDP (H2Pole); o proxecto Biofibras de Galicia, do Grupo Ence; e o de Sentury Tire. Os tres, teñen xa formulada a declaración de impacto ambiental e, o de Reganosa e EDP tamén teñen publicada a súa autorización ambiental integrada.
Son proxectos, proseguiu, que foron tramitados pola Xunta de Galicia "coa máxima celeridade", en moito menos prazo dos períodos medios de tramitación e, aínda así, no ano 2025, non están autorizados nin en operación e non poden estar xa asumindo o emprego perdido na central térmica, entre outros motivos, por cuestións derivadas da falta de subministración eléctrica. De feito, aludiu ao concurso de transición xusta para adxudicar o nó de evacuación das Pontes.
Na súa intervención, Lorenzana reprochou ao Goberno a súa falta de política industrial, que deriva en que o peche de centrais térmicas como a das Pontes se fixera sen planificación, en que se perdera a oportunidade que supoñían os Pertes, e en que se discriminen os proxectos industriais en Galicia con respecto a outras comunidades autónomas.
A conselleira apuntou, finalmente, que a Xunta de Galicia está a xestionar Fondos de Transición Xusta, por un importe de máis de 110 millos de euros, buscando que teñan o maior retorno para a actividade industrial nas zonas afectadas polo peche das centrais, nomeadamente na comarca das Pontes.