A Xunta aposta por facer de Galicia un territorio líder en tecnoloxía agroalimentaria
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugura o evento 'O reto de converter Galicia no líder tecnolóxico do sector agroalimentario', onde destaca que "innovar non é unha opción, senón a vía cara á competitividade do futuro"
- Subliña que a aceleradora BFFood, impulsada pola Xunta, exemplifica a aposta pola transformación tecnolóxica do sector con startups que xa operan en mercados internacionais
- Destaca que a industria agroalimentaria representa o 6,4 % do PIB galego, supera os 100.000 empregos e exporta por valor de máis de 4.000 millóns de euros
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2025
A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugurou hoxe a xornada 'O reto de converter Galicia no líder tecnolóxico do sector agroalimentario', un evento no que reafirmou o compromiso do Goberno galego coa modernización e o liderado tecnolóxico do sector agroalimentario. Neste sentido, destacou que "Galicia está a construír, con ferramentas reais, un ecosistema produtivo sólido, sostible e con vocación global".
O evento serviu de espazo de encontro para representantes institucionais, empresas, clústeres e centros de coñecemento, que debateron sobre os desafíos e oportunidades dun sector que achega, como subliñou Toca Carús, arredor do 6,4 % do PIB galego, emprega a máis de 100.000 persoas, especialmente no medio rural, e que acadou en 2024 un volume de exportacións superior aos 4.000 millóns de euros.
A directora do Igape puxo en valor o papel da administración como aliada da transformación produtiva, subliñando que "a nosa misión é acompañar, asesorar, financiar e conectar aos actores clave do ecosistema". Neste sentido, afondou nas liñas estratéxicas coas que a Xunta está a impulsar a innovación no agroalimentario galego.
Os apoios da Xunta
Neste marco, puxo o foco na promoción do emprendemento innovador, onde está a xogar un papel fundamental a Business Factory Food (BFFood), a aceleradora sectorial promovida en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), que permite a integración das novas empresas no ecosistema a través da colaboración con compañías tractoras, centros tecnolóxicos e apoio institucional.
A BFFood, explicou, leva xa cinco edicións impulsando startups que desenvolven solucións en trazabilidade, sostibilidade, dixitalización e intelixencia artificial para o sector.
Así mesmo, a directora destacou a importancia da financiación pública adaptada, onde resaltou o traballo de Xesgalicia, que está a permitir apoiar proxectos de recente creación, iniciativas de base tecnolóxica e procesos de dixitalización e internacionalización, tanto en pemes como en grandes empresas.
Neste marco, Toca Carús destacou que a Xunta aposta por un enfoque integral e coordinado que permite responder aos grandes retos do sector agroalimentario: atraer talento, impulsar a sustentabilidade, superar a fragmentación do tecido empresarial e fomentar a innovación desde as primeiras fases das iniciativas emprendedoras.
"Innovar non é unha opción, senón a vía cara á competitividade do futuro. E nese camiño, o Goberno galego estará sempre ao lado das empresas, como socio estratéxico, comprometido e próximo", concluíu.