A Xunta remite para tramitación ambiental o Plan de ordenamento do novo parque empresarial de Cabana de Bergantiños que terá unha superficie de 267.216 m²
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (Peose) permite planificar e ordenar as actuacións urbanísticas precisas para a súa creación

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025
A Consellería de Economía e Industria, vén de enviar para tramitación ambiental o borrador do instrumento de ordenación do novo parque empresarial de Cabana de Bergantiños que contará cunha superficie de 267.216 m².
O borrador do Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (Peose) que agora se remite á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para aprobación ambiental, permite planificar e ordenar as actuacións urbanísticas necesarias para a creación do polígono industrial, un desenvolvemento que está recollido no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia.
O obxectivo da Xunta é tratar de axilizar o máximo posible o desenvolvemento de solo naqueles concellos e comarcas onde se pode continuar desenvolvendo economicamente a zona pero sempre con respecto aos trámites administrativos e medioambientais e intentando acompañar ao tecido produtivo.