Lorenzana destaca o papel da nova Estratexia de Seguridade e Defensa para seguir potenciando este sector chave en Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Subliña que a Comunidade galega xa conta cunha industria e cun coñecemento importante neste ámbito
- Pon en valor que Urovesa é unha empresa tractora, líder no sector da defensa e a seguridade, e todo "un referente para esta industria en Galicia"
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Valga (Pontevedra), 6 de maio de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe o papel da nova Estratexia de Seguridade e Defensa da Xunta que ten o obxectivo de "continuar potenciando este sector chave e con moito potencial en Galicia", dixo.
Lorenzana visitou esta mañá en Valga as novas instalacións loxísticas de Urovesa onde explicou que "imos comezar os traballos de xeito inmediato para aprobar unha estratexia aeroespacial pero no ámbito da seguridade e da defensa". Trátase de que empresas do sector da automoción, do naval, o metal, das TIC ou da loxística "poden ter tecnoloxías duais que se integren e que teñan oportunidades dentro deste sector", apuntou.
Nesta liña, subliñou que actualmente "temos unha industria e un coñecemento dentro da Comunidade Autónoma" con 115 centros de traballo xa dedicados ao sector da Defensa e da Seguridade "pero estimamos que nos vindeiros anos, unhas 150 empresas teñen potencial en Galicia para incorporarse a este ámbito industrial".
Finalmente, María Jesús Lorenzana, puxo en valor que Urovesa é unha empresa tractora, líder neste sector e que supón o 1% do sector da Seguridade a da Defensa en España, "co cal é un orgullo e un referente para esta industria en Galicia" sinalou.
Ademais, destacou o "seu crecemento sostido e intelixente" e que neste momento conta cunhas instalacións que dan traballo a case 200 persoas, "pero sobre todo é moi importante o emprego auxiliar que está xerando, pois por cada posto de traballo de Urovesa, son catro ou cinco postos de traballo máis na externalización", dixo.