Lorenzana subliña que xornalismo e política están estreitamente vinculados ás sociedades democráticas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Destaca o labor de Luís Ventoso como "historiador do cotiá" que fai do día a día unha novela fascinante
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 2 de maio de 2025
A Conselleira de Economía e Industria, María jesús Lorenzana, subliñou hoxe que o xornalismo e a política están estreitamente vinculados ás sociedades democráticas, á liberdade das persoas e sometido ao capricho dos acontecementos. Lorenzana, fixo entrega na Coruña do Premio José Luís Alvite 2025 ao xornalista Luís Ventoso, onde sinalou que unha proba disto é que ningunha ferramenta artificial foi capaz de prever crises como as actuais nin tampouco, de aportar solucións. "Non é unha resistencia ao cambio tecnolóxico senón unha convicción", dixo.
Neste marco, a conselleira subliñou que Luís Ventoso "é pura intelixencia natural" e cualificouno de "historiador do cotiá", un escritor que fai do día a día unha novela fascinante. "É un mestre da ironía, ingrediente que non abonda fóra de Galicia", destacou.