A Xunta apoia o sector forestal-madeira con máis de 16 M€ para industrias forestais e o fomento do uso da madeira en construción
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, xunto co director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan, clausura a Asemblea do Grupo Provincial de Rematantes e Serradoiros de Madeiras de Pontevedra
- Destaca que se trata dunha industria importante que proporciona emprego e crecemento e xera ingresos a través da produción e a comercialización
- José Luís Chan reafirmou o compromiso da Xunta coa procura dun monte diverso e multifuncional
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Soutomaior (Pontevedra), 24 de maio de 2025
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, subliñou hoxe que a Xunta está a apoiar no 2025 ao sector forestal-madeira con máis de 16 millóns de euros en liñas de axuda para as industrias forestais e para o fomento do uso da madeira en construción.
Fernández Ríos, xunto co director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan, clausurou en Soutomaior a Asemblea do Grupo Provincial de Rematantes e Serradoiros de Madeiras de Pontevedra onde puxo de relevo a importancia da industria forestal-madeira en Galicia "xa que é un sector económico importante que proporciona emprego e crecemento e xera ingresos coa produción e comercialización de produtos forestais e transformados de madeira", dixo.
Nesta liña, explicou que segundo os últimos datos publicados no Informe da cadea forestal-madeira do ano 2023, para o conxunto da Comunidade, os rematantes venderon madeira por valor de 423 millóns de euros e o serrado facturou uns 365 millóns, ao que hai que engadir que o 95% do concellos de Galicia contan cunha industria forestal.
Ademais, o director avanzou que se están a tramitar novas convocatorias de axudas á valorización; segunda transformación e ecoinnovación de produtos forestais; á dixitalización e mellora da seguridade e saúde da industria forestal galega e do contract; e tamén para a organización de actividades formativas non regradas que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal galega.
Finalmente, Alfredo Fernández Ríos destacou o labor do Grupo Provincial de Industrias da primeira transformación da madeira para a mellora e impulso do sector; a mellora do capital humano a través da formación; e o impulso da innovación, a cooperación, valorización, competitividade, desenvolvemento e diversificación da industria forestal-madeira.
Pola súa banda, José Luís Chan, recoñeceu o importante labor desenvolvido pola Asociación Provincial de Rematantes e Serradoiros de Madeiras de Pontevedra na transformación de madeira en Galicia, outorgándolle valor engadido.
Chan tamén reafirmou o compromiso da Xunta coa procura dun monte diverso e multifuncional. Ademais, fixo referencia ás diversas liñas de traballo postas en marcha pola Consellería do Medio Rural para fomentar a xestión forestal sustentable, con convocatorias de axudas para promover os servizos ecosistémicos, a creación de superficies forestais ou a silvicultura activa de masas de coníferas, entre outras.
Por último, lembrou a importancia da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 "Cara á neutralidade carbónica", no que se apoia o Goberno autonómico para acadar un monte ordenado, produtivo, sustentable e xestionado activamente.