Rueda reivindica en Vigo o papel estratéxico da automoción galega e o liderado de CEAGA como motor industrial e innovador

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Destaca o impacto da automoción en Galicia, con máis de 200 compañías que xeran arredor de 24.000 empregos (13% do total industrial) e unha facturación de 13.000 millóns de euros
  • Defende o compromiso da Xunta co crecemento do sector, reflectido no Plan Director da Automoción 2023-2027, dotado con 230 millóns de euros e 67 medidas

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vigo, 23 de maio de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este venres na Asemblea Xeral do Clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia (CEAGA), celebrada en Vigo, onde puxo en valor o papel da entidade como referente de innovación, cooperación empresarial e xeración de emprego de calidade.

Rueda salientou que CEAGA leva máis de 25 anos representando toda a cadea de valor do sector en Galicia, dende grandes fabricantes como Stellantis Vigo, pasando por máis de 160 empresas de compoñentes, ata o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e startups vencelladas á aceleradora Business Factory Autor. En conxunto, un ecosistema composto por máis de 200 compañías que xeran arredor de 24.000 empregos directos, o 13% do total industrial galego, e que acadaron unha facturación anual de 13.000 millóns de euros.

O titular do Goberno galego subliñou que CEAGA xa se consolidou como un clúster de referencia en España e Europa, recoñecido pola Secretaría Europea de Avaliación de Clústeres como un dos máis eficientes da Unión. O presidente agradeceu o compromiso coa competitividade e a proxección internacional de Galicia á presidencia do clúster e ás empresas que o integran: "Sabemos o que supoñedes como sector, tanto dentro do emprego industrial como de todo o emprego de Galicia", destacou.

O xefe do Executivo autonómico defendeu o compromiso firme da Xunta co crecemento e a competitividade do sector da automoción, sinalando que o seu obxectivo é que "a Xunta de Galicia siga sendo un aliado eficaz, e por iso agradezo tanto a colaboración". Neste contexto, apuntou ao Plan Director da Automoción 2023-2027, dotado con 230 millóns e 67 medidas para consolidar Galicia como un ecosistema industrial punteiro: "Un investimento importante que está feito para acertar e axudarvos, e en colaboración co sector, que ten moitas cousas que aportar", apuntou.

Ademais, instou ao Goberno central a avanzar na transferencia dos fondos dos PERTES industriais, a ofrecer axudas específicas para o tecido auxiliar e a reducir a burocracia. Á súa vez, reclamou á Unión Europea maior flexibilidade normativa, a revisión das sancións e medidas para facilitar o acceso a vehículos eléctricos a prezos accesibles: "É certo aquilo de que os obreiros que fan os coches non poidan compralos, é unha mensaxe respecto á necesidade de que a nivel europeo se tome nota de moitas cousas que si que se poden mellorar", remarcou o presidente.

Rueda reafirmou tamén a aposta da Xunta pola colaboración público-privada e polo Diálogo Social: "Todo o que poidamos transmitir ao noso Goberno, para que nós poidamos transmitilo a quen corresponda, temos que facelo", sinalou o presidente.

O presidente salientou a visión compartida de futuro para facer de Galicia un referente na automoción europea, confiando en que o sector continuará sendo un motor económico e social, contribuíndo a un modelo produtivo sustentado na innovación, o emprego de calidade e a cooperación empresarial: "Esa Galicia Calidade, a nosa marca de pais, vese claramente no sector de automoción. As cousas deste sector fanse moi ben aquí en Galicia", remarcou Rueda.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/05/2025
1028211 {"title":"Rueda reivindica en Vigo o papel estratéxico da automoción galega e o liderado de CEAGA como motor industrial e innovador","published_date":"2025-05-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/182331-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1028211"} galicia C. de Economía e Industria; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-23/1028211-rueda-reivindica-vigo-papel-estratexico-da-automocion-galega-e-liderado-ceaga-como-motor-industrial-e-innovador https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.