Lorenzana reitera que o reforzo da rede de transporte eléctrico é vital para a viabilidade de novos proxectos industriais que buscan enerxía máis barata

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Defende que unha industria comprometida coa sustentabilidade, co territorio e coas persoas é compatible co medio rural
  • "Nun momento en que os recursos naturais son máis importantes que nunca para un sector industrial que está en pleno proceso de descarbonización, o rural ten que estar na axenda das administracións e das empresas", di
  • Subliña que a provincia de Lugo suma máis de 1.700 M€ de investimento en proxectos industriais

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Sober (Lugo), 10 de maio de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reiterou hoxe a necesidade de que o Goberno central reforce a rede de transporte eléctrico porque é vital, dixo, para a viabilidade de novos proxectos industriais que buscan acceso a enerxía máis barata.

Lorenzana interveu hoxe no II Encontro de Sober, onde defendeu que unha industria comprometida coa sustentabilidade, co territorio e coas persoas é compatible co medio rural. "Nun momento en que os recursos naturais son máis importantes que nunca para un sector industrial que está en pleno proceso de descarbonización, o rural ten que estar na axenda das administracións e das empresas", abondou.

Segundo indicou, a Xunta aprobou a Lei de Recursos Naturais, precisamente, para blindar o aproveitamento de todo o recurso renovable que alberga o medio rural, que debe facerse deixando beneficios en Galicia, nos territorios onde se asenta, por exemplo, un parque eólico, co obxectivo de reducir a factura eléctrica que pagan os galegos e as galegas.

Ese, dixo, é un dos obxectivos da política económica da Xunta, que ten unha base moi importante nos recursos naturais e no peche das cadeas de valor, ademais de na axilización administrativa e o acceso a solo industrial. Sobre este último punto, lembrou que a Xunta creou unha figura normativa específica para os concellos de menos de 20.000 habitantes, as Zonas Industriais Rurais (ZIR), para favorecer a implantación de proxectos de menor envergadura.

Lorenzana asegurou que se trata de atraer investimento cara ao rural. E, nese sentido, subliñou que a provincia de Lugo suma máis de 1.700 M€ de investimento en proxectos industriais.

Neste momento están en construción: a nova planta de Cafés Candelas no polígono das Gándaras (14 M€); a ampliación de Novafrigsa (Coren) en Lugo (10 M€); están próximas a comezar as obras da planta de Norvento, tamén no polígono das Gándaras (50 M€); e a de Kern Pharma no polígono do Reboredo, en Monforte de Lemos (59,4 M€).

Están xa operando as novas instalacións de Entrepinares en Vilalba (19,1 M€) e as de Oviganic Ibérica en Monforte de Lemos (16,1 M€).

E en diferentes fases de tramitación, xunto co de Altri (1.000 M€), outros catro proxectos: a planta de biogás que prevé implantar Agroamb Prodalt en Castro de Rei (22 M€); o proxecto Green Meiga (metanol verde) de Iberdrola en Begonte (518 M€); as novas instalacións de Granja Campomayor en Palas de Rei (5,35 M€); e unha planta de pélets e coxeración que promove Talentya Digital Global Solutions en Pedrafita do Cebreiro (23,1 M€).

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/05/2025
1012877 {"title":"Lorenzana reitera que o reforzo da rede de transporte eléctrico é vital para a viabilidade de novos proxectos industriais que buscan enerxía máis barata","published_date":"2025-05-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1696623\/MUROS1.jpeg","id":"1012877"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-09/1012877-lorenzana-reitera-reforzo-da-rede-transporte-electrico-e-vital-viabilidade-novos-proxectos-industriais-buscan-enerxia-mais-barata https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.