A Xunta remite para tramitación ambiental o plan de ordenamento do polígono de Carballiño-Maside, que creará case 890.000 m2 de solo industrial na comarca
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (Peose) multiplica por 2,6 a capacidade do actual polígono
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2025
A Consellería de Economía e Industria acaba de remitir á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para a súa tramitación ambiental o borrador do Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE) do parque empresarial de Carballiño-Maside, que afecta a estes dous municipios da comarca do Carballiño (Ourense) e que prevé crear 886.478 metros cadrados de solo para uso industrial.
Este proxecto conta con dúas zonas de actuación diferenciadas, xa que está localizado en dous municipios en ámbitos lindeiros entre eles. A primeira supón unha ampliación do actual parque empresarial do Carballiño ata o suroeste; e a segunda desenvólvese integramente no concello de Maside, ao sueste da estrada OU-504.
O acceso viario ao novo parque empresarial farase a través dun enlace a distinto nivel desde a estrada OU-504, no caso do sector de Maside; mentres que no caso de O Carballiño empregaranse as conexións do parque xa existente. A localización desde novo polígono é estratéxica para toda a comarca, xa que está próxima ao acceso da autovía AG-53, que une a Autovía das Rías Baixas con Santiago de Compostela e a AP-9.
O borrador do Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (Peose) que agora se remite á aprobación ambiental prevé crear 886.478 m2 de solo industrial, dos que 517.710 m2 son de superficie útil. Desde xeito, a Xunta, a través de Xestión do Solo de Galicia - Xestur, multiplicará por 2,6 a superficie do parque actual, que conta con 341.395 m2, e que está practicamente esgotado, xa que tan só hai unha parcela dispoñible.
Mais solo empresarial na provincia de Ourense
O obxectivo do Goberno galego é tratar de axilizar o máximo posible o desenvolvemento de solo naqueles concellos e comarcas, como é o caso do Carballiño, onde se pode continuar desenvolvendo economicamente a zona pero sempre con respecto aos trámites administrativos e medioambientais e intentando acompañar ao tecido produtivo.
No caso da provincia de Ourense, o Goberno galego ten en marcha diversas actuacións en cinco parques empresariais para ampliar a dotación de solo industrial para as empresas. Ademais do polígono de Carballiño-Maside, está a executar as obras de urbanización de Xinzo de Limia e a tramitación dos proxecto de ampliación de San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz e O Pereiro de Aguiar.