A Xunta subliña que os certificados de aforro enerxético supoñen unha oportunidade para acelerar a descarbonización e a competitividade das empresas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participan na xornada Tecnoloxía e avances no Mercado CAE
- Explican que este sistema de Certificados de Aforro Enerxético busca incentivar o investimento en tecnoloxías eficientes e reducir os custes para os consumidores
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, subliñaron hoxe que os Certificados de Aforro Enerxético (CAEs) supoñen unha oportunidade para acelerar a descarbonización e consolidar ás empresas galegas nunha posición de liderado desde o punto de vista da sustentabilidade e da competitividade.
Durante a celebración en Santiago da xornada Tecnoloxía e avances no Mercado CAE lembraron que estes certificados xa permitiron á industria galega obter 50 millóns de euros pola venda dos aforros xerados grazas ao sistema CAE.
O Certificado de Aforro Enerxético é un documento electrónico que acredita a consecución dun aforro no consumo de enerxía final logo da implantación de proxectos ou medidas de eficiencia enerxética. Segundo explicaron, o obxectivo é incentivar o investimento en tecnoloxías eficientes, reducir os custes para os consumidores, fomentar a innovación, e xerar beneficios sociais e económicos.
Ademais, destacaron que os bos datos rexistrados durante o ano 2024 respecto dos CAE solicitados son unha boa mostra do compromiso do tecido industrial galego coa transición enerxética. Así, engadiron que xa se levaron a cabo 105 actuacións cun aforro enerxético de 472 GWh, polo que tamén é importante que a cidadanía os coñeza xa que hai un gran potencial.