Lorenzana destaca a boa acollida que está a ter a liña de préstamos para empresas, con preto de 900 solicitudes ata o momento
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A convocatoria deste ano, que o Instituto Económico de Galicia (Igape) ten aberta ata o vindeiro 30 de setembro, pasa dos 17,5 millóns de euros do orzamento que tivo en 2024 ata os 19 millóns de euros
- Entre 2020 e 2024, o importe mobilizado foi de 389 millóns de euros e resultaron beneficiadas 4.926 pemes e autónomos, especialmente, do sector do comercio, seguido da industria, a hostalería e o turismo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 13 de xuño de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe a boa acollida que está a ter a liña de préstamos da Xunta para pemes e autónomos que, nos seus primeiros cinco meses desde que se convocou, contabiliza preto de 874 solicitudes por importe próximo aos 150 millóns de euros.
Lorenzana visitou hoxe en Vilagarcía de Arousa as instalacións da empresa Automoción La Junquera, dedicada á venda e reparación de vehículos industriais, beneficiaria deste programa de apoios no que colaboran as sociedades de garantía recíproca e entidades financeiras. Son préstamos avalados de entre 3.000 e 1 millón de euros para investimentos produtivos, circulante e, tamén, para pagamento ou reestruturación de débedas, dixo.
A convocatoria deste ano, que o Instituto Económico de Galicia (Igape) ten aberta ata o vindeiro 30 de setembro, pasa dos 17,5 millóns de euros do orzamento que tivo en 2024 ata os 19 millóns de euros, para poder conceder operacións de financiamento por importe superior aos 150 millóns, lembrou Lorenzana.
Entre 2020 e 2024, o importe mobilizado foi de 389 millóns de euros, o orzamento que destinou o Igape acadou os 30,6 millóns de euros e resultaron beneficiadas 4.926 pemes e autónomos; especialmente, do sector do comercio, seguido da industria, a hostalería e o turismo. Por provincias, Pontevedra foi a segunda desde onde se recibiron máis solicitudes (34,9 por cento); A Coruña, a primeira (46,78 por cento); seguidas de Lugo (10,26 por cento) e Ourense (7,99 por cento).
A conselleira concluíu animando ás pemes que así o precisen a solicitar esta liña de acceso a financiamento, pensada para fomentar os investimentos do tecido empresarial dotándoos de circulante para apoiar a súa actividade produtiva e de negocio.