A Xunta salienta o papel estratéxico da empresa familiar no desenvolvemento económico e social de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe nunha xornada sobre gobernanza e retos do sector organizada pola Cámara de Comercio de Santiago, Abanca e a Universidade Intercontinental da Empresa (UIE)
- Reafirma o compromiso do Goberno galego no acompañamento á empresa familiar en procesos como o relevo xeracional, a profesionalización ou a dixitalización
- Lembra que máis do 92 % do tecido empresarial en Galicia está formado por empresas familiares, que xeran o 82 % do emprego privado e achegan o 85 % do Valor Engadido Bruto
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 01 de xullo de 2025
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou esta mañá na xornada Retos e sistemas de gobernanza na empresa familiar, organizada pola Cámara de Comercio de Santiago, Abanca e a Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), onde destacou a importancia estratéxica da empresa familiar como "columna vertebral do tecido económico e social galego".
Durante a súa intervención, a representante da Xunta puxo en valor o peso deste modelo empresarial na comunidade, que representa máis do 92 % das empresas activas, xera o 82 % do emprego privado e achega o 85 % do Valor Engadido Bruto, situándose moi por enriba da media estatal. "As empresas familiares achegan estabilidade e confianza nun contexto económico global volátil e cambiante", sinalou Toca Carús, quen tamén subliñou o seu compromiso co desenvolvemento local e a súa vocación de permanencia.
A directora do Igape apuntou tamén aos desafíos que afronta o sector, como a adaptación tecnolóxica, as novas dinámicas fiscais ou as tensións comerciais internacionais, e asegurou que o Goberno galego traballa para ofrecer respostas e facilitar o camiño ao crecemento e á continuidade destas empresas.
Apoio ao relevo xeracional e á boa gobernanza
Toca Carús puxo o foco na importancia da boa gobernanza como ferramenta para asegurar a continuidade, aliñar os intereses familiares e empresariais e abrirse ao talento e á innovación. "Unha boa gobernanza permite manter o carácter familiar sen renunciar á profesionalización", sinalou.
A directora repasou tamén os principais instrumentos de apoio do Igape, como o programa Reacciona, os plans de formación para directivos, as liñas de impulso á dixitalización, á internacionalización e á innovación, así como as medidas para avanzar en criterios Ambientais, Sociais e de Gobernanza (ASG). Tamén destacou a función da Oficina Económica de Galicia na simplificación administrativa.
No peche da súa intervención, a directora do Igape apelou á cooperación institucional como ferramenta para reforzar a competitividade e a sustentabilidade da empresa familiar galega. "Desde o Igape reafirmamos o noso compromiso con este modelo empresarial e reiteramos a nosa plena disposición a seguir traballando conxuntamente para facer de Galicia unha terra de oportunidades, de arraigo e de innovación", concluíu.