A Xunta achega os servizos do programa Re-acciona ao ecosistema emprendedor da provincia de Pontevedra
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora do Igape, Covadonga Toca, participou no evento "Estartapero", celebrado na praia de Patos (Nigrán), para presentar as oportunidades que ofrece o programa
- A iniciativa combina lecer e networking para visibilizar o apoio da Xunta ao talento emprendedor e ás empresas emerxentes innovadoras
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Nigrán (Pontevedra), 23 de xullo de 2025
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou esta tarde no evento "Estartapero", unha cita informal e participativa co ecosistema emprendedor da zona sur da provincia de Pontevedra, celebrada na praia de Patos, en Nigrán. O encontro, incluído dentro das accións de difusión do programa Re-acciona, tivo como obxectivo achegar os servizos e oportunidades que a Xunta pon á disposición de persoas emprendedoras e pequenas e medianas empresas galegas.
A través dun formato estival e distendido, a xornada serviu para resolver dúbidas, intercambiar ideas e fomentar sinerxías entre empresas emerxentes innovadoras. Durante o acto, a directora do Igape destacou que o Re-acciona ofrece servizos de profesionalización e innovación cofinanciados ao 80 %, orientados á mellora da competitividade, á captación de talento, á sustentabilidade, á optimización financeira e ao lanzamento de novos produtos e servizos.
O evento contou cunha ampla participación de emprendedores, especialmente da área de Vigo e a comarca, que puideron coñecer de primeira man como acceder ao programa a través das entidades colaboradoras. Re-acciona forma parte das ferramentas do Igape para impulsar o tecido empresarial galego, con especial atención ás pemes con capacidade de transformación e crecemento. O evento representou un paso máis no esforzo da Xunta por fomentar unha nova cultura empresarial baseada na colaboración, a innovación e o talento local.