Belén do Campo anima aos empresarios a solicitar as axudas para reducir a súa factura eléctrica
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada da Xunta visitou a empresa Lavamar, beneficiaria no 2023 e 2024 desta orde, o que lle permitiu aforros entre o 30% e o 60% no seu consumo enerxético
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 11 de xuño de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, animou a solicitar as axudas da Xunta para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas e lembrou que o prazo está aberto ata o 15 de setembro. Estas achegas contan no 2025 cun importe de 7,5 millóns de euros para promover o aforro de enerxía o que "permitirá reducir 4,5 millóns na factura eléctrica das empresas galegas e das persoas autónomas", subliñou.
A representante do Goberno autonómico fixo estas declaracións durante a visita a empresa Lavamar, de tintado e lavado de prendas, con tecnoloxía líder en España dende o punto de vista produtivo, de innovación e de investigación, beneficiaria, no ano 2023 e 2024, desta orde coa que, no 2023, substituíu unha máquina de secado antiga por unha máis eficiente cun sistema de recuperación de calor por medio de intercambiadores de vapor, para o que contaron cunha axuda do Goberno autonómico de case 92.000 euros, o que lle garante un aforro do consumo inicial do 30% e unha segunda axuda, de case 62.000 euros, para a substitución de 5 máquinas antigas de tintado de laboratorio por máquinas máis eficientes que lle permiten un aforro de consumo inicial do 60%.
A delegada tamén informou, con respecto á convocatoria de 2024, que esta empresa tamén foi beneficiaria, con outra axuda de 99.000 euros, para a substitución doutra máquina de tintado por outra máis eficiente que tamén lles permitirá outro aforro do 82% do seu consumo enerxético. Neste senso, apuntou que na convocatoria do ano pasado resultaron beneficiarias na provincia 8 empresas por un importe de máis de 750.000 euros.
Convocatoria 2025
A delegada explicou que a convocatoria, que ten aberto o prazo para este ano, en concorrencia non competitiva, conta con 4 liñas, para proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pymes; en grandes empresas; en pymes e grandes empresas que reduzan as emisión de GEI (Gases de Efecto Invernadeiro) en a lo menos un 30% e en infraestruturas públicas.
A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas
As actuacións non poden estar iniciadas nin contratadas con anterioridade a data de presentación da solicitude de axuda e cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.
Esta orden ten como novidade que se amplía o prazo de presentación de solicitudes de dous a oito meses e que incorpora a posibilidade de subvencionar instalacións novas e aquelas actuacións que promovan un Certificado de Aforro Enerxético. O Goberno galego vén convocando desde hai 11 anos esta liña de axudas, cun orzamento de case 56 millóns de euros e 1.640 proxectos aprobados.