A Xunta destaca o papel do Consello Galego de Seguridade industrial como canle de comunicación coas empresas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participaron nunha nova reunión deste órgano creado o ano pasado
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2025
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, destacaron esta semana o papel do Consello Galego de Seguridade Industrial que funciona como canle de comunicación coas empresas, as persoas traballadoras, os colexios e as asociacións para coñecer as problemáticas actuais e articular solucións neste ámbito.
Os representantes da Consellería de Economía e Industria, participaron nunha nova reunión deste órgano creado o ano pasado e que se erixe como un foro para facilitar a actividade empresarial e potenciar a seguridade industrial. Ademais, supón avanzar no compromiso da Xunta con este ámbito.
Na reunión, abordáronse cuestións de actualidade en materia de seguridade industrial, como as implicacións da recente entrada en vigor do novo Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais; a presentación das normas regulamentarias que se atopan en tramitación en Galicia; ou a análise das principais medidas que a Consellería de Economía e Industria desenvolverá este ano para continuar reforzando a seguridade industrial na Comunidade.
Finalmente, Nicolás Vázquez e Margarita Ardao coincidiron en que os avances neste ámbito supoñen unha ferramenta máis para avanzar na solvencia, atracción e competitividade de Galicia a través da súa industria, pois investir en seguridade industrial é sinónimo de protexer ás persoas e ao medio ambiente, minimizar riscos de sinistros e mellorar a eficiencia e operativa das empresas.