Xunta e Concello de Porto do Son abordan as necesidades de solo empresarial
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co alcalde do municipio, José Luís Oujo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 27 de maio de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe co alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo, co obxectivo de abordar as necesidades de solo empresarial deste concello coruñés.
No encontro, Lorenzana aproveitou para trasladarlle o compromiso da Xunta cos concellos e co tecido empresarial e explicoulles as novas figuras de creación de solo que o Goberno galego puxo en marcha este ano.
En concreto, a conselleira faloulle da Zona de Aceleración de Proxectos Empresariais e Solo (Zapes), que ten a finalidade de dar axilidade e facilidade a aqueles proxectos que precisan solo de maneira urxente; e as Zonas industriais rurais (ZIR) pensadas para actividades industriais de menor envergadura localizadas en áreas rurais con necesidades de solo empresarial.
Ademais, lembrou que entre os anos 2009 e 2024, a Consellería de Economía e Industria apoiou ao concello, ás empresas e á veciñanza de Porto do Son con axudas por importe de 2,7 millóns de euros.
A estratexia do Executivo galego pasa por facilitar o asentamento de novas empresas en Galicia e ampliar as que xa están instaladas, e por desenvolver solo industrial nos concellos que teñen necesidade e onde as empresas están esperando para poder asentar as súas industrias. Trátase de ter un desenvolvemento industrial homoxéneo en toda a Comunidade.