A Xunta destaca o potencial da nova iniciativa estratéxica de aeroespazo, seguridade e defensa para xerar emprego e impulsar o liderado feminino no sector
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou nun evento organizado pola Asociación Ellas Vuelan Alto en Ourense
- Sinala que dar visibilidade ás profesionais destes sectores é un compromiso firme para o Goberno galego

Ourense, 12 de xuño de 2025
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou esta tarde en Ourense no evento Quen son as mulleres que fan voar Galicia?, organizado pola asociación Ellas Vuelan Alto, onde destacou que "non podemos construír un futuro innovador e competitivo sen contar co talento feminino" e puxo en valor o potencial da nova Iniciativa Estratéxica de Aeroespazo, Seguridade e Defensa para xerar emprego e impulsar o liderado das mulleres no sector.
Durante a súa intervención, Ardao insistiu no compromiso da Xunta de Galicia coa consolidación dun ecosistema industrial sólido e innovador a través desta nova estratexia. Unha folla de ruta representa unha oportunidade sen precedentes para o desenvolvemento industrial, a captación de investimentos e a creación de emprego cualificado en Galicia, dixo.
"Esta iniciativa é unha aposta decidida polo futuro industrial do noso país. Galicia está a posicionarse como referente no desenvolvemento de solucións aeroespaciais avanzadas, con aplicacións que abranguen desde a seguridade ata o ámbito da defensa, sempre desde a excelencia tecnolóxica e a colaboración público-privada", sinalou Ardao.
A directora xeral manifestou que a nova estratexia traerá consigo novos proxectos tractores, a consolidación de infraestruturas estratéxicas e a xeración de emprego de alta cualificación. Así mesmo, Margarita Ardao reivindicou o papel determinante das mulleres neste proceso de transformación e dixo que a Xunta ten un firme compromiso cun modelo industrial máis inclusivo, competitivo e innovador, onde as mulleres teñan un papel protagonista na construción da Galicia do futuro.
O evento reuniu a cinco profesionais galegas que, desde distintos ámbitos, están a contribuír ao impulso do sector: Vanesa Argibay Alonso, da empresa UARX Space; Eunate Bañales Echarri, da compañía Telespazio Ibérica; María De la Luz Gil Docampo, da Universidade de Santiago de Compostela; Lidia Gómez Quejido, de Centum Research & Technologies e Margarita Ardao, en representación da Administración autonómica.