Galicia consolídase como referente en innovación co recoñecemento á Business Factory Aero como mellor aceleradora avanzada de España
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago, 12 de maio de 2025
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou esta mañá no acto organizado por Funcas con motivo da presentación do ranking anual de viveiros e programas de aceleración. Un encontro no que por segundo ano consecutivo se distinguiu a Business Factory Aero como a Mellor Aceleradora Avanzada de España e tamén como o mellor programa de aceleración no ranking global.
Durante a súa intervención, Toca Carús destacou o modelo galego de aceleración impulsado pola Xunta de Galicia, baseado na colaboración público-privada, a especialización e o talento, e trasladou o agradecemento ao recoñecemento concedido que "consolida a Galicia como referente no desenvolvemento de sectores estratéxicos como o aeroespacial", dixo.
A directora do Igape tamén puxo pola en valor a utilidade desta análise como instrumento de mellora para os axentes do ecosistema emprendedor ao tempo que felicitou á organización polo seu compromiso coa promoción do emprendemento innovador e pola avaliación rigorosa de iniciativas clave para a competitividade económica.