Lorenzana destaca que a política industrial da Xunta situará a Galicia á vangarda de Europa no sector da seguridade e a defensa

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Aposta por unha política industrial avanzada que vai da man da empresa, da tecnoloxía e do talento que ten a Comunidade
  • Puxo en valor o papel da aceleradora BFAero como unha "aposta estratéxica" do Goberno galego polo sector aeronáutico e aeroespacial e que consolida a Galicia como referente na aceleración de proxectos tecnolóxicos de alto impacto

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Castro de Rei (Lugo), 4 de xuño de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe que a política industrial da Xunta situará a Galicia á vangarda de Europa no sector da seguridade e da defensa, un sector que, segundo dixo, é "xa unha prioridade estratéxica a nivel europeo".

Lorenzana participou no acto de licenciamento da 5ª edición da Business Factory Aero (BFAero) en Rozas onde subliñou que o obxectivo do Goberno galego é dar continuidade a esta "política industrial avanzada que vai da man da empresa, da tecnoloxía e do talento que temos en Galicia", apuntou.

Nesta liña lembrou que, precisamente o pasado mes de maio, a Xunta aprobou a Iniciativa Estratéxica de Aeroespazo, Seguridade e Defensa de Galicia -a primeira destas dimensións- para o período 2025-2030 que canalizará 183 millóns de euros de investimento público directo co obxectivo de mobilizar 900 millóns en Galicia en colaboración con outros axentes públicos e privados.

Na súa intervención, a conselleira tamén puxo en valor o papel da aceleradora BFAero, "unha aposta estratéxica" do Executivo autonómico polo sector aeronáutico e aerosespacial que xa representa en Galicia máis de 1.600 empregos directos, unha facturación de 132 millóns de euros e "cunhas posibilidades de crecemento inmensas", dixo.

Así, segundo explicou, "desde o ano 2018 apoiamos 46 proxectos, contribuíndo á creación de 11 novas empresas tecnolóxicas, mobilizando máis de 7,5 millóns de euros en investimento, e facilitando que se desenvolveran 39 solucións innovadoras", sinalou. "Pero o máis valioso é a creación de máis de 220 empregos cualificados en Galicia grazas á tracción de proxectos que combinan I+D, visión empresarial e compromiso co noso territorio", apuntou.

De feito, a conselleira explicou que BFAero revalidou por segundo ano consecutivo o título de mellor aceleradora avanzada de España -segundo o ránking publicado por Funcas- o que "consolida a Galicia como un territorio referente na aceleración de proxectos tecnolóxicos de alto impacto", dixo.

"E por iso seguimos apostando e hai apenas uns meses asinamos o convenio que garante a continuidade de BFAero ata 2027 cunha dotación de 7,5 millóns de euros máis para impulsar ata 123 novos proxectos", subliñou.

Finalmente, María Jesús Lorenzana, destacou o papel do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas "que non é só un símbolo do que Galicia e a provincia de Lugo pode ofrecer, senón que é o epicentro dunha estratexia que xa atraeu proxectos grandes e tamén deu visibilidade a empresas galegas que puideron irse consolidando e medrando", dixo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/06/2025
1040642 {"title":"Lorenzana destaca que a política industrial da Xunta situará a Galicia á vangarda de Europa no sector da seguridade e a defensa","published_date":"2025-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1733982\/20250604LorenzanaBFAero.jpg","id":"1040642"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-04/1040642-lorenzana-destaca-politica-industrial-da-xunta-situara-galicia-vangarda-europa-sector-da-seguridade-e-defensa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.