A Xunta avoga por ampliar a formación no sector forestal en ámbitos como o das certificacións da biomasa

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, inaugurou hoxe no CIS Madeira o Curso de certificación de leña e acha, organizado polo Clúster da Biomasa de Galicia e a Asociación BIOECO2
  • A actividade enmárcase dentro dos apoios da Xunta para a organización de cursos formativos non regrados no sector, dos que o pasado ano se beneficiaron máis de 1.000 profesionais
  • Destaca a importancia de que os fabricantes impulsen a fabricación de leña e estela certificada a través da implantación de sistemas de control nas súas fábricas
Imagen del artículo A Xunta avoga por ampliar a formación no sector forestal en ámbitos como o das certificacións da biomasa
San Cibrao das Viñas (Ourense), 20 de maio de 2025

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, salientou hoxe a aposta que está facendo a Xunta de Galicia por ampliar os coñecementos e habilidades dos profesionais que traballan na industria forestal, especialmente, en ámbitos como o da certificación da biomasa.

Fernández Ríos participou hoxe na inauguración do Curso de certificación de leña e acha, organizado polo Clúster da Biomasa de Galicia e a Asociación BIOECO2 no CIS Madeira, que ten como obxectivo fomentar a profesionalización neste ámbito. A actividade enmárcase dentro dos apoios que ten a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) para a organización de cursos formativos non regrados que impulsen o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia.

Este curso de formación tratará os procedementos lexislativos, normativos e técnicos vinculados á certificación da leña e de estelas co obxectivo de que os participantes coñezan as obrigas legais, os mecanismos de control e as certificación dispoñibles, fundamentais para garantir a calidade da materia prima no sector da biomasa.

O director da Xera destacou a importancia de que os fabricantes impulsen a fabricación de leña e estela certificada a través da implantación de sistemas de control nas súas fábricas. "A existencia de combustibles normalizados e certificados no mercado permite aumentar a eficiencia da combustión, diminuír as emisións e dar maiores garantías legais a consumidores e produtores, polo que é fundamental para un desenvolvemento futuro do sector", dixo.

Segundo lembrou, nos últimos anos elevouse a demanda de leñas e estelas polos altos prezos dos combustibles fósiles e da electricidade. Ademais, o seu aproveitamento é unha forma de darlle valor á madeira que, polas súas características, non ten outros usos industriais. Neste sentido, destacou o compromiso da Xunta de Galicia co emprego da biomasa, especialmente, en edificios públicos como o complexo administrativo de San Caetano e en hospitais e centros educativos públicos.

Fernández Ríos apuntou que a última convocatoria da liña de axudas da Xera para formación non regrada no sector publicouse no ano 2024 cun orzamento total de 800.000 euros, para o ano 2024 e 2025, e beneficiou a máis de 1.000 traballadores da industria forestal-madeira.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 20/05/2025
1024742 {"title":"A Xunta avoga por ampliar a formación no sector forestal en ámbitos como o das certificacións da biomasa","published_date":"2025-05-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/181536-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1024742"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-20/1024742-xunta-avoga-ampliar-formacion-sector-forestal-ambitos-como-das-certificacions-da-biomasa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.