Todas las noticias de c. de cultura, educación, formación profesional y universidades; en Galicia en los últimos 30 días
101 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Viernes 26 Abril 2024
José López Campos asiste á toma de posesión de Elvira María Casal como secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu esta mañá á toma de posesión de Elvira María Casal García como secretaria xeral técnica deste departamento autonómico. Ata o momento, Elvira María Casal García ocupaba o cargo de subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística na extinta Consellería de...
Sábado 13 Abril 2024
A FP galega demostra a súa calidade ao alzarse con nove medallas no campionato Spainskills
- O alumnado da FP galega obtén tres medallas de ouro nas categorías de Desenvolvemento web, Panadaría e Recepción hoteleira; cinco de prata en CNC Fresado, Escaparatismo, Floraría, Servizo de restaurante e bar e Sistemas robóticos integrados, e unha medalla de bronce en Tecnoloxía do automóbil
- Os centros galardoados nesta edición son o IES San Clemente, o CIFP Paseo das Pontes, CIFP Manuel Antonio, IES Politécnico de Vigo, IES Ramón Menéndez Pidal, CIFP A granxa, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Politécnico de Lugo e IES As Mariñas
- Galicia queda en terceira posición en número de medallas, só por detrás de Andalucía e Valencia
Viernes 12 Abril 2024
O Centro Galego de Arte Contemporánea, o Centro de Supercomputación e o Instituto de Física de Altas Enerxías afondan no vínculo entre arte e ciencia
- Co gallo do día Mundial da Cuántica, este domingo preséntase a peza escultórica interactiva 'Salto cuántico', que se poderá visitar no CGAC ata febreiro de 2025
- Eduardo Sáenz de Cabezón, presentador de 'Órbita Laika', ofrece un relatorio no museo no marco deste programa de actividades
A Xunta destaca a importancia das matemáticas nos desafíos actuais que supoñen a intelixencia artificial ou a enerxía
- A representante da Consellería agradece o compromiso do profesorado participante neste programa "con transmitir esta ciencia desde unha perspectiva universal adaptada aos novos retos"
A Xunta promove a música e o baile tradicional en 18 concellos a través dunha nova edición de 'Danza 3'
- A programación comeza este domingo cunha actuación de baile de O Fiadeiro no Campo da Festa de Vedra
- O percorrido estenderase ata setembro polos municipios de Melide, Ortigueira, Cangas, Oroso, Ribadavia, Boqueixón, Betanzos, Marín, Dumbría, Vilanova de Arousa, Agolada, Ribadeo, Meira, O Valadouro, O Carballiño, Verín e Abegondo
Miércoles 10 Abril 2024
A Xunta inviste máis de 12.600 € para actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas municipais do Salnés
- O delegado territorial visitou a Biblioteca do Grove e destacou o "imprescindible traballo das bibliotecarias"
- Dende o ano 2019, a Xunta investiu máis de 100.000 euros nas bibliotecas do Grove
A exposición sobre Sorolla no Museo de Belas Artes despídese con éxito ao recibir máis de 25.000 visitantes
- A Xunta de Galicia completa así tres exitosas mostras na cidade no último ano tras a de Picasso e 'Coruña no tempo', que colleitan 86.000 visitas
A Xunta loa o traballo da rapazada na entrega de galardóns da III edición do Premio Otero Pedrayo para estudantes
- O secretario xeral de Política Lingüística participa neste acto que tamén conmemora o 48 aniversario do pasamento do autor ourensán
- O IES Otero Pedrayo de Ourense faise cos galardón individuais e colectivos na categoría de Bacharelato polos traballos de Lucía González e o grupo 'As Oterianas'
- Na categoría de Secundaria resultou gañador o grupo 'Araucaria', do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, mentres que a categoría individual quedou deserta
A Xunta financiará a contratación de 50 profesores universitarios e esixe ao Ministerio de Universidades que garanta que asumirá a parte que lle corresponde
- Os conselleiros de Facenda e de Educación en funcións reúnense cos reitores para reafirmarlles o compromiso do Goberno galego coas tres universidades públicas
- Román Rodríguez lamenta o chantaxe do Ministerio ao impoñer esta medida sen negociala coas comunidades autónomas, malia ter que cofinancialas
Román Rodríguez destaca a preservación do patrimonio como unha das principais liñas de actuación da Xunta
- Salienta a necesidade de harmonizar a protección dos bens culturais co desenvolvemento orgánico das contornas urbanas
Un total de 46.500 alumnos de 4º de primaria e 2º de ESO realizan entre hoxe e mañá as probas diagnósticas fixadas polo Ministerio de Educación na LOMLOE
- Na xornada de hoxe teñen lugar as probas de competencia lingüística en lingua e literatura galega e castelá e mañá serán as de lingua estranxeira e matemática
- A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, achegouse un colexio en Santiago para comprobar o normal desenvolvemento das mesmas
- No proceso participan máis de 16.000 docentes, que son os encargados da súa aplicación, corrección e contraste externo
Martes 9 Abril 2024
Comeza con todas as prazas cubertas o curso para profesionais das artes escénicas promovido pola Xunta para profesionais do sector
- Un total de 60 persoas participan nas sete sesións organizadas pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, que articulan a formación presencial e en liña
- O equipo docente está integrado por 23 profesionais de recoñecida solvencia nos ámbitos do teatro e da danza
Unha delegación do Instituto Estatal de Calidade e Investigación escolar de Munich coñece en Lugo a estratexia da Xunta en ensino innovador
- Visitan o Instituto IES Nosa Señora dos Ollos Grandes para afondar na metodoloxía didáctica nas materias sobre Intelixencia Artificial
- Coñecen o Colexio Sagrado Corazón, como exemplo do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, o IES Sanxillao e o CIFP As Mercedes, referentes en FP
O Centro Dramático Galego estrea Os actos e as profecías con 20 intérpretes e 48 funcións ata maio
- Tamara Canosa dirixe a produción central do 40º aniversario da compañía da Xunta, inserida á súa vez no proxecto europeo 'Phōnē' para a posta en valor das linguas minorizadas a través do teatro
- O espectáculo, que poderá verse ata o 26 de maio no Salón Teatro de Santiago, ábrese ao público de toda Galicia a través do servizo de mobilidade do CDG, que xa ten confirmada a participación de medio cento de concellos
- A montaxe inventa un universo arredor dos chamados 'talent shows' para amosar a confrontación entre os soños e a vida
Lunes 8 Abril 2024
A Xunta e o Instituto da Lingua Galega presentan Fontegam, un novo recurso en liña para coñecer as linguas usadas na escrita da Galicia medieval
- A ferramenta combina os materiais latinos e románicos recompilados nas bases de datos CODOLGA e CGPA
- O obxectivo deste recurso, aberto ao público para consulta libre, é permitir a busca conxunta de información sobre calquera momento e lugar do medievo galego
Máis de 21.000 persoas concorrerán ás oposicións de educación convocadas pola Xunta neste 2024
- Convocáronse 1.743 prazas e as probas desenvolveranse a partir do 22 de xuño
- O obxectivo do Goberno galego con este proceso é consolidar a estabilidade dos planteis de profesorado, cun 86% das prazas de novo ingreso
A Xunta distingue co primeiro selo de excelencia os graos en Enxeñaría Informática e en Fisioterapia da Universidade da Coruña e en Veterinaria da de Santiago
- Trátase dunha distinción que é garantía de alto nivel académico destes estudos
- A estratexia e resultados, o currículo, o deseño do proceso de ensino-aprendizaxe, o profesorado e a inserción laboral son algúns dos criterios de avaliación que se tiveron en conta
- Esta mención, que xa rexía para os estudos de máster, súmase a outras accións impulsadas desde a Xunta para fomentar un sistema universitario galego innovador e adaptando ás demandas do conxunto da sociedade
Román Rodríguez comparte cos alcaldes da Ribeira Sacra os seguintes pasos da candidatura a Patrimonio Mundial
- O representante da Xunta de Galicia agradece a confianza e a implicación dos axentes locais e animou a continuar avanzando "de xeito conxunto e coordinado"
- "Todos debemos estar orgullosos do que levamos feito porque grazas a iso a Ribeira Sacra é hoxe un territorio máis vivo, máis coidado e máis recoñecido", afirma
- 'Paisaxe da auga: Ribeira Sacra' será a proposta de España no Comité de Patrimonio Mundial da Unesco en 2026 tras a aprobación do Consello do Patrimonio Histórico
Domingo 7 Abril 2024
A Xunta demanda que a última proposta da ABAU sexa debatida en Conferencia Sectorial, debido aos cambios con respecto ao documento inicial
- A Consellería de Educación presenta un paquete de alegacións ao novo texto ministerial que regulará o acceso á Universidade a partir de 2025
- Insiste en habilitar mecanismos efectivos para a homoxeneidade das probas que garantan a igualdade real entre o alumnado das distintas comunidades
- Pide que se recuperen as matrices e especificacións das probas de acordo aos currículos actuais, concretando as competencias e os criterios de avaliación
A Xunta busca internacionalizar as letras galegas con axudas a escritores para residencias literarias no exterior
- As persoas interesadas optan a un apoio de 5.000 euros que poden solicitar ata o 15 de xullo
Viernes 5 Abril 2024
A Xunta e a Federación de Librarías de Galicia lanzan o calendario das Feiras do Libro deste ano con 13 citas
- O director xeral de Cultura participa na presentación desta iniciativa, baixo o título 'Atopa a túa Historia', na que se desenvolverá unha maior variedade de actividades
- A Consellería de Cultura ratifica o seu convenio con esta entidade para mellorar o crecemento e asentamento do sector literario na comunidade
O novo volume do Centro de Estudos Galegos do Algarve analiza as consecuencias da teoría das orixes celtas de Galicia
- O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación do libro de María Xesús Lama López
Xunta e Agapi poñen en marcha a segunda edición do roteiro 'Educa Audiovisual' nos centros de secundaria galegos
- A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades conta coa Asociación de Produtoras Independentes para reeditar esta iniciativa, que pon a disposición dos institutos un catálogo de 14 filmes e series para traballar como complemento aos contidos curriculares
- Durante a primeira quincena de abril terán lugar as primeiras sete sesións dun programa que se desenvolverá ata xuño en aulas das catro provincias
- As proxeccións irán acompañadas de coloquios con profesionais do sector para afondar nos contidos e desenvolver o espírito crítico do alumnado
O Consello do Patrimonio Histórico Español aproba por unanimidade a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
- O órgano valora positivamente a proposta da Xunta á que se referiu como "un exemplo de resistencia e calidade que serve de inspiración para todo o Estado"
- "Esta é unha boa nova para Galicia porque poñer en valor e protexer este territorio é algo que asumimos como un gran reto de país", afirma Román Rodríguez
- Felicita aos técnicos polo labor feito e anima a continuar "por esta senda para acreditar con toda a forza a grandeza da Ribeira Sacra"
Jueves 4 Abril 2024
Comeza o Carballo Interplay con 20 webseries de 11 países a concurso e máis apoio aos contidos dixitais en galego
- Haberá un novo premio dirixido a proxectos que se difundan en Instagram, TikTok ou Youtube, de creación propia e en lingua galega
- O encontro celébrase ata o 7 de abril coa exhibición de traballos chegados de 11 países e catro continentes na súa sección oficial, e unha Zona Pro que voltará congregar referentes da cultural dixital popular de dentro e fóra de Galicia
- O certame vén contando nos últimos anos coa subvención da Xunta de Galicia
Miércoles 3 Abril 2024
A Xunta esixe ao Ministerio de Universidades diálogo e negociación coas comunidades e que aclare como vai reducir a temporalidade docente sen orzamentos
- O Goberno central non explica como asumirá este ano o pago das prazas anunciadas sen acordo previo dado que non ten previsión de aprobar Orzamentos en 2024
- O conselleiro Román Rodríguez lamenta este xeito de facer política, resumido no "yo invito y tú pagas", e reprocha a "falta de respecto á arquitectura institucional"
A Xunta e Afundación retratan a un cento de artistas galegos nunha exposición na Coruña
- O proxecto do fotógrafo Xulio Gil, comisariado por Xabier Limia, poderá visitarse ata o 25 de maio
Román Rodríguez convida a celebrar a fonda tradición e legado dos estudos de historia da Universidade de Santiago
- O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións participa na presentación do libro 'Razón de historia' dirixido polo catedrático Ramón Villares
- A obra, encadrada no centenario destes estudos, afonda na evolución da Facultade de Xeografía e Historia da USC a través de estudos, biografías e testemuñas
Patrimonio Cultural autoriza a humanización da rúa do Pazo de Bouzas incluída no Plan de Sustentabilidade Turística impulsado pola Xunta con fondos europeos
- A Dirección Xeral comunicou ao Concello de Vigo a resolución favorable coa condición de realizar sondaxes avaliativas previas
- O Plan Territorial de Sustentabilidade Turística en Cascos Históricos e Vilas Termais do Goberno galego inclúe 2 M€ para a mellora do barrio vigués
- O proxecto tamén abordará a rexeneración do paseo do fronte marítimo, a creación de espazos verdes e a promoción da Festa da Brincadeira
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a adxudicación do servizo de transporte escolar da Xunta
- Na súa última sentenza, o TSXG subliña que a Xunta actuou "conforme a dereito" e descarta que un único adxudicatario superara o máximo de adxudicacións previstas nos pregos de contratación
- O fallo da sala, tendo en conta as alegacións e proba achegadas pola Administración, rectifica o criterio das sentenzas anteriores do mesmo tribunal emitidas en sentido contrario
Román Rodríguez anima ao equipo galego a demostrar todo o potencial da nosa FP no campionato Spainskills
- O conselleiro de Educación en funcións recibe aos 38 mozos de 23 centros educativos que representan a nosa Comunidade nas olimpíadas nacionais destas ensinanzas
- O certame desenvólvese en Madrid entre do 9 ao 13 de abril
A Xunta bota a andar a XIII edición do programa FalaRedes con preto de 150 sesións de ocio en galego
- O secretario xeral de Política Lingüística presenta esta iniciativa que se estende desde abril ata finalizar o verán
- O programa inclúe 12 actividades diferentes de música, teatro, monicreques, exposicións e obradoiros entre entidades da Rede de Dinamización Lingüística
Martes 2 Abril 2024
A Xunta inicia os trámites para implantar un ciclo de espeleoloxía no IES San Rosendo de Mondoñedo en colaboración coa federación galega desta disciplina
- A intención é poñelo en marcha, na modalidade dual, o curso que vén aproveitando as instalacións da Federación e do Concello de Mondoñedo
Román Rodríguez anuncia que a Xunta prepara un proxecto para a rehabilitación integral do instituto Alfredo Brañas de Carballo
- O conselleiro de Educación en funcións inaugura o novo salón de actos deste centro, que conta cun investimento de case 270.000€ do seu departamento
- A Consellería ten encargado o proxecto para a remodelación do centro, unha obra cun investimento estimado de 1,5M€ que podería licitarse a partir de 2025
A Xunta e Gálix celebran o Día do libro infantil e xuvenil co lanzamento dun catálogo que reúne 143 títulos
- O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación deste libro elaborado pola Asociación Gálix que se estreará na Feira do Libro de Boloña
- A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades amosa o compromiso co sector para seguir promovendo a literatura galega no mercado internacional
O Festival Internacional Pórtico do Paraíso ofrece co apoio da Xunta cinco concertos en espazos patrimoniais de Ourense, Castro Caldelas e Cea
- O evento, dedicado á difusión da música culta desde escenarios arquitectónicos singulares, desenvolverase entre o 3 e o 12 de maio
- Ademais dos concertos, están programados dous encontros con estudantes no Conservatorio Profesional de Música ourensán
A XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas premiará a investigación escolar arredor do patrimonio lingüístico e cultural galego
- Organizado polo Museo do Pobo Galego co apoio da Xunta, busca achegar aos escolares á lingua, á etnografía, á antropoloxía, á xeografía, á historia e á arte galegas
- O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta convocatoria dirixida aos centros de Primaria e Secundaria
Lunes 1 Abril 2024
A Filmoteca de Galicia conmemora os 50 anos da Revolución dos Caraveis cunha programación especial
- A cinemateca programa oito películas que afondan no 25 de abril de 1974 en Portugal
- Remata o ciclo dedicado a Aki Kaurismäki, do que se ofrecen outros nove títulos
- Díaz-Noriega, figura esencial do amateurismo español e referente para toda unha xeración de cineastas galegos, é un dos protagonistas deste mes
Domingo 31 Marzo 2024
O segundo Ciclo de Cultura Científica da Xunta arranca desmontando mitos sobre o uso da tecnoloxía nas aulas
- A primeira das sesións, 'Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula?', desenvólvese o vindeiro xoves 4 da man de Héctor Ruiz Martín
- Aborda prexuízos sobre unha posible incidencia negativa das pantallas na saúde dos nenos ou no seu razoamento, entre outros
A Xunta celebra o Día das Artes Galegas dedicadas a Francisco Asorey con obradoiros e exposicións sobre a figura e obra do escultor
- A Cidade da Cultura organiza varias citas para achegar a importancia na historia da arte galega do homenaxeado tanto a público adulto como infantil
- As bibliotecas públicas galegas súmanse á celebración con citas en Santiago de Compostela, Ourense e Vigo
Sábado 30 Marzo 2024
O persoal das bibliotecas públicas galegas formaranse en novas tecnoloxías como Chatgpt a través dos cursos da Xunta
- A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades organiza sete formacións para os meses de abril, maio, xuño, setembro, outubro e novembro dirixidos ao persoal en activo da Rede de Bibliotecas de Galicia
- Os participantes formaranse en aplicacións móbiles, datos e conservación, entre outras materias
A rede de aulas de capacitación dixital da Xunta suma 16 centros e chega a 71 en toda Galicia
- Estes espazos permiten á cidadanía formarse en competencias dixitais para o aceso a servizos como a banca, a relación coas administracións ou o consumo telemático
- En 2023 formáronse máis de 2.400 persoas nestas aulas e está previsto formar outras 2.792 en 2024
Jueves 28 Marzo 2024
A Filmoteca de Galicia pon en valor o seu arquivo coa proxección dos fondos dixitalizados ao abeiro do HUB audiovisual galego
- A nova sección Materiais para unha historia do cinema en Galicia centrouse no primeiro trimestre nas recentes dixitalizacións, cun investimento de máis de 100.000 euros
- Ábrese agora ao resto de películas recuperadas pola cinemateca
- En abril e maio a Sala José Sellier acolle a exhibición das restauracións de varios filmes de José Ernesto Díaz-Noriega, referente do amateurismo no cine galego e español
A Xunta recoñecerá a excelencia de 23 titulados de FP de grao superior cos premios extraordinarios
- O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria destes galardóns, dirixidos aos estudantes que remataron o ciclo no ano 2023
- Cada estudante premiado recibe 1.000€, un diploma acreditativo, e poderá concorrer ao correspondente Premio Nacional
Miércoles 27 Marzo 2024
A Xunta destina 350.000 euros á promoción da lingua galega nas entidades locais
- A convocatoria de axudas está dirixida a apoiar a creación, o reforzamento e o mantemento dos servizos lingüísticos, así como as programacións municipais de dinamización lingüística
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia entre hoxe e o 26 de abril
Un total de 431 colexios e institutos desenvolven clubs de lectura grazas ao apoio da Xunta
- Este curso sumáronse 53 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e gastos de funcionamento
- Os clubs de lectura están concibidos como espazos de aprendizaxe e de convivencia, onde se fomenta a adquisición de competencias lectoras, o traballo en equipo e o intercambio de experiencias
Martes 26 Marzo 2024
Román Rodríguez anuncia para abril o inicio das obras de restauración da Casa de Don Álvaro en Lalín por máis dun millón de euros
- "Con esta actuación queremos, polo tanto, restaurar unha parte importante da memoria lalinense", di o representante da Xunta
- No andar baixo situarase a Oficina de Turismo Municipal e o Museo Permanente do Cocido, mentres que o alto se dedicará a espazos socio culturais
- O xardín poderá abrirse ao público para acoller actividades de diversa índole
O Centro Dramático Galego estende a súa actividade a 15 espectáculos, máis de 100 concellos e unha decena de países na celebración do seu 40º aniversario
- Román Rodríguez subliña a traxectoria do CDG como fogar e plataforma para a profesión teatral galega e a súa evolución no compromiso coa inclusión e a accesibilidade, a proxección exterior e a creación galega contemporánea
- 'Os actos e as profecías' estréase o 11 de abril en Santiago como produción central dunha programación na que a unidade teatral da Xunta pon o foco na cidadanía a través de múltiples accións de accesibilidade, mobilidade e mediación de públicos
- Coincidindo co Día Mundial do Teatro, mañá terán lugar no Salón Teatro catro quendas de visitas teatralizadas conducidas pola compañía Galeatro
Lunes 25 Marzo 2024
Román Rodríguez anuncia que a Xunta licitará a restauración do claustro do Convento da Mercé de Sarria nas vindeiras semanas
- A actuación, dotada con máis de 370.000 €, está dirixida a resolver os problemas de deterioro da tarima, así como a mellorar a instalación eléctrica e de iluminación
- A previsión é que esta obra, que conta cun prazo de execución de 5 meses, estea en marcha no último trimestre do ano
- O responsable autonómico de Cultura pon en valor o compromiso do Goberno galego coa salvagarda do patrimonio cultural vencellado á Ruta Xacobea
A delegada da Xunta en Vigo mantén unha xuntanza de traballo coa Unión Musical de Valladares
Vigo, 25 de marzo de 2024 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este luns unha xuntanza de traballo co presidente da Banda Escola de Música e á Banda Unión Musical de Valladares, Antonio Costas. Durante o encontro a representante autonómica coñeceu a actividade da escola, que realiza formación en música en movemento, linguaxe musical e especialidades instrumentais para alumnos a partir dos 4 anos. Igualmen...
O Galiverso estrea unha nova montaxe interactiva para mergullarse de maneira virtual nos 11 centros da Rede de Museos de Galicia
- No 'Galiverso dos Museos' as persoas visitantes poderán manipular versións dixitalizadas ao detalle de ata 27 obras de arte, restos arqueolóxicos, e obxectos únicos
- O deseño da instalación no Museo Centro Gaiás incorpora unha zona táctil adaptada para que persoas con dificultades auditivas e de visión poidan "ver coas mans" réplicas dalgunhas das pezas
- Román Rodríguez subliña a vontade de facer do Galiverso "o museo con maior accesibilidade universal grazas ao emprego das tecnoloxías máis innovadoras
Sábado 23 Marzo 2024
Román Rodríguez enxalza a figura de Paco Lareo polo seu labor a prol da dinamización cultural na comarca do Deza
Lalín (Pontevedra), 23 de marzo de 2024 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración do Parque do Pintor Paco Lareo en Lalín. Alí aproveitou para poñer en valor a figura do polifacético artista de Vila de Cruces, quen traballou "ao longo da súa vida pola dinamización cultural da comarca ...
Viernes 22 Marzo 2024
Educación analiza coa Xunta Autonómica de Directores as probas de diagnóstico fixadas para toda España polo Ministerio a través da Lomloe
- O secretario xeral técnico e a directora de Ordenación e Innovación Educativa informaron das mesmas, que serán o 10 e 11 de abril para 4º de Primaria e 2º de ESO
- As probas, seguindo a lei educativa estatal, terán carácter orientador para o centro, que terá información sobre os resultados acadados
Rueda salienta que a gratuidade da matrícula universitaria demostra o compromiso da Xunta por un ensino accesible que recoñece o esforzo e a excelencia
- Concedéronse premios a 430 alumnos e alumnas de diferentes titulacións de grao das tres universidades galegas, que obtiveron as mellores cualificacións durante o ano académico 2021/2022
A Cidade da Cultura dá a benvida a primavera cunha intervención paisaxística nas Torres Hejduk que reivindica o valor dos bosques galegos para a vida
- 'Da semente á árbore' é un proxecto da enxeñeira técnica agrícola Mónica Rodríguez Parcero, que poboa o espazo con varias especies atlánticas e mediterráneas
- O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destaca a importancia deste tipo de instalacións que "lle dan vida a un espazo tan singular como o das torres e que nos conecta coa contorna natural que envolve ao Gaiás"
Jueves 21 Marzo 2024
A Xunta pon en valor o Día da poesía e o Día das Árbores nun acto no que conviven cultura e natureza
- O director xeral de Cultura e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal participan na Celebración da auga, a árbore e a poesía na Ínsua dos Poetas do Carballiño
A Mostra Primavera enDanza de Carballo ofrece seis espectáculos a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia
- Desenvolverase no Pazo da Cultura do 12 e o 30 de abril coas producións galegas de Marcia Vázquez, Paula Quintas Cía e Nova Galega de Danza, e as propostas estatais de La Coja Dansa, Miguel Barrero y La Pequeña Victoria Cen, e Led Silhouette
Miércoles 20 Marzo 2024
A Xunta achégalles un novo investimento de 880.000 euros ás salas de cine, música, teatros e auditorios
- Hoxe publícanse no DOG as bases das subvencións para a modernización e xestión sostible das salas de cine, dotadas con 380.000 euros, e mañá será a quenda das dirixidas aos espazos de programación escénica e musical, con 500.000 euros
- Dáselles continuidade ás vías de apoio para este tipo de establecementos culturais, de xeito que o orzamento destinado á súa mellora supera os 5M€ desde 2021
Román Rodríguez anuncia a rehabilitación do retablo da capela da venerable orde terceira do antigo Convento de Alcántara en Mondoñedo
- O Goberno galego elevará o investimento ata os 330.000€ para levar a cabo esta actuación despois de resolver as patoloxías e danos que afectaban ao edificio
- Os traballos, que veñen de rematar, permitiron comunicar de novo a capela coa Igrexa de San Pedro e adecuar o conxunto para culto e as visitas públicas
- "Estas actuacións reflicten o noso compromiso con esta herdanza sobre a que construímos un futuro no que conectamos tradición e vangarda", salienta o conselleiro
A Semana Santa de Viveiro lucirá este ano a talla do Cristo da Veracruz tras a restauración da Xunta
- A Confraría da Venerable Orde Terceira Franciscana, unha das máis antigas de Viveiro, sacará a imaxe en procesión o Martes Santo
- A actuación do Goberno galego centrouse nunha limpeza a fondo da peza para, a continuación, mellorar as súas condicións de conservación e consolidación
- Ademais desta intervención, a Consellería de Educación tamén ten en marcha traballos en catro centros educativos cun investimento de 1,16M€
A Xunta incrementou máis dun 65% nos últimos catro anos o seu apoio ao teatro afeccionado a través da colaboración con Fegatea
- "O Circuíto galego de Teatro Amador chega a máis de 6.000 espectadores e mobiliza 800 persoas, co correspondente fluxo económico", explica Román Rodríguez
- Este ano conmemórase o 24 aniversario da federación cunha xornada específica
Martes 19 Marzo 2024
O festival "Alguén que respira!" arranca a súa sétima edición arredor do Día Mundial da Poesía
- Desenvolverase en Compostela do 21 ao 23 de marzo e reunirá a figuras culturais como María do Cebreiro, Abe Rábade, Guadi Galego, Su Garrido ou Alfonso Armada, este último responsable da lectura do manifesto
- Por segundo ano consecutivo inclúe a entrega dos premios de poesía para o estudantado galego, que recaeron en Aroa Misa, Claudia Romero e Serxio Abalo
- As entradas son gratuítas e poderán reservarse na web compostelacultura.gal ou no despacho de billetes da Zona C
O nuncio do Papa e o máximo responsable de custodiar os lugares sagrados de Terra Santa viaxan a Santiago para a inauguración da exposición 'Tesouros reais'
- O conselleiro en funcións de Cultura destaca que Santiago será a única cidade de España onde se poderá contemplar un dos grandes tesouros artísticos do mundo
- Baixa a dirección de Jacques Charles-Gaffiot, André Afonso, Esperanza Gigirey e Juan Manuel Buján, comisarios da mostra, ultímase a montaxe desta exposición internacional que se inaugura o xoves e abre as portas ao público o venres
- 'Tesouros reais' amosa baldaquinos, cálices, altares, báculos ou retablos, pezas elaboradas en ouro, prata e pedras preciosas, agasallos das máis poderosas casas reais europeas a Terra Santa
A Xunta destina máis de 700.000€ a apoiar que o alumnado de FP realice as súas prácticas fóra de España ao abeiro do programa Erasmus+
- Os estudantes poderán realizar mobilidades tanto nos países europeos pertencentes ao programa como nos asociados ao proxecto, fóra de Europa
- A contía da axuda, que inclúe tanto a realización da viaxe como a estadía, oscilará en función da distancia, o país de destino e o número de días que dure a mobilidade
Lunes 18 Marzo 2024
A Xunta apoia o festival We tattoo, que sumará arte corporal, gastronomía e música esta fin de semana en Lugo
Lugo, 18 de marzo de 2024 A Xunta de Galicia apoia o festival We tattoo, que se celebrará os días 23 e 24 de marzo nos baixos da Praza de Abastos de Lugo e que pretende difundir entre o público en xeral o traballo dun sector que amosa puxanza na cidade, o dos estudos dedicados á arte corporal. O evento foi presentado hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Lugo. Contará con cinco expositores locais: Flyers Tattoo, Ivo Body Art, Moon Gir...
A Xunta lanza unha oferta formativa gratuíta dirixida ao deseño de programacións de artes escénicas
- O curso está organizado en colaboración coa Asociación de Profesionais da Xestión Cultural co fin de cubrir un baleiro formativo no sector e mellorar a cualificación
- Dirixido a profesionais deste eido, artistas e estudantes, combinará sesións presenciais e en liña do 9 de abril ata o 21 de maio coa participación de 23 docentes
- As inscricións poden facerse ata o 1 de abril a través da páxina xestoresculturais.gal
A facultade de Filoloxía acolle ata o 18 de abril unha exposición que visibiliza o legado das mulleres na literatura universal
- O secretario xeral de Política Lingüística participa na inauguración da mostra '8 libros 8 mulleres que cambiaron o mundo', que conta co apoio da Xunta
- Recolle o traballo de Mary Shelley, Harriet Beechet Stowe, Bertha Von Suttner, Betty Friedan, Clara Campoamor, Harper Lee, Rachel Carson e Hanna Arendt
A Xunta destaca o bo exemplo do equipo monfortino gañador do certame nacional 'Coñecementos financeiros'
- A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa da Consellería de Educación transmítelles as felicitacións do Goberno galego a estes rapaces do Instituto IES Río Cabe "por ter superado este reto co mellor resultado"
- Proclamáronse gañadores tras superar unha disputada final que consistiu nun concurso de preguntas e respostas fronte a outro centro de Cáceres
Domingo 17 Marzo 2024
A Xunta remata a restauración da Igrexa de San Miguel de Riofrío en Mondariz
- A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, visita o resultado dos traballos executados polo Goberno galego ao abeiro dun convenio coa Diocese de Tui-Vigo
A Xunta convoca as probas para obter os certificados de lingua galega Celga nos seus catro niveis
- As solicitudes presentaranse preferiblemente a través da sede electrónica ata o 5 de abril
- Os exames realizaranse de forma presencial entre os meses de maio e xuño en Santiago de Compostela e Ponferrada, simultaneamente
- As datas concretas, así como as sedes e horarios de realización das probas, publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega
A Xunta abre o prazo para que 108 galegos do exterior cursen formación profesional en Galicia o próximo curso ao abeiro do programa Retorna Talento FP
- Na modalidade de FP Dual ofértanse 60 prazas, cunha parte de formación no país de orixe e a outra en centros de ensino e empresas en Galicia
- Os estudantes seleccionados neste eido percibirán unha bolsa de 10.800 € de apoio
- Outras 48 prazas son para formación específica básica, onde os alumnos recibirán 6.500€ de apoio económico para viaxe, aloxamento e manutención durante o curso
- A Consellería destina case 1M€ a esta iniciativa enfocada a incentivar que os galegos no estranxeiro se formen en Galicia e se incorporen ao noso mercado laboral
- O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 12 de maio
Sábado 16 Marzo 2024
Román Rodríguez destaca a aposta da Xunta por garantir un acceso equitativo ao uso das tecnoloxías na escola
- Explica que os centros contan con recursos como os Polos Creativos e materias que afondan na Intelixencia Artificial e as Tecnoloxías Intelixentes
- Máis de 1000 docentes abordan nesta xornada de formación os aspectos éticos e mecanismos de regulación e protección de datos, entre outros asuntos
Viernes 15 Marzo 2024
A Xunta destaca o labor do instituto Eusebio da Guarda a prol da literatura a través da XIX edición do certame Rita Suárez Amado
- A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participa na entrega dos premios en homenaxe á que foi alumna do centro
A delegación territorial da Xunta en Lugo acollerá o venres 22 de marzo un concerto gratuíto do grupo canario Los Sabandeños
Lugo, 15 de marzo de 2024 A Xunta de Galicia ofrecerá no salón de actos da Delegación Territorial de Lugo un concerto do coñecido grupo de folclore popular canario Los Sabandeños, que se celebrará o venres 22 de marzo a partir das 22.00 horas. A asistencia é aberta e gratuíta para todas as persoas interesadas, aínda que por cuestións de aforo é preciso inscribirse con antelación enviando un correo electrónico ao enderezo concertosab...
A Xunta enxalza o legado do filólogo negreirés Xosé Luís Pensado no centenario do seu nacemento
- O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura do simposio organizado polo Centro Ramón Piñeiro que conmemora a vida do escritor
- Desenvólvese entre Santiago e Negreira con conferencias sobre a vida, obra e achegas deste significado lingüista e a descuberta dunha placa na súa casa natal
Escenas do cambio cumpre dez anos cun programa que celebra a traxectoria do festival e a súa capacidade de transformar espazos, públicos e artistas
- 13 propostas de vangarda, seis delas estreas absolutas, conforman a programación da 10ª edición do festival de danza, teatro e arte en acción da Cidade da Cultura
- O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, subliña o carácter rompedor dunha cita que dinamita as barreiras do escenario e os roles impostos a creadores e audiencias para crear experiencias compartidas
- Como novidade, o festival convoca un grupo de traballo bautizado como o Comando Dramatúrxico, que analizará e documentará o que ocorre nas plateas e entre as bambolinas de cada espectáculo
- As entradas están xa á venda no Museo Centro Gaiás e en Ataquilla
Jueves 14 Marzo 2024
Román Rodríguez asiste á estrea en Galicia do espectáculo 'Manuela Rey is in da house'
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, asistiu hoxe no Teatro Principal de Santiago de Compostela á estrea en Galicia de Manuela Rey Is In Da House, o espectáculo producido entre o Centro Dramático Galego, o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana do Castelo, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional São João do Porto qu...
A Xunta destaca a importancia de fomentar a literatura infantil e xuvenil en lingua galega
- O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura do Seminario Internacional Investigación e Crítica na Literatura Infantil e Xuvenil (2004-2024)
- Enmárcase na celebración do 20 aniversario da Rede Temática de Investigación 'Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano'
- Tamén presenta o libro 'Somos hip-hop', que lle achega os fundamentos e segredos desta disciplina á mocidade
Catro empresas optan á rehabilitación integral do colexio CEIP Froebel por máis de 1,1 M€
- O proxecto da Xunta inclúe a renovación de case 1.500m² de cubertas, a mellora do illamento térmico e a instalación de novos falsos teitos, luminarias, alicatado e portas
- A maiores, renóvanse as instalacións de electricidade, fontanería, calefacción e protección contra incendios en toda a área de actuación desta terceira fase
Miércoles 13 Marzo 2024
O filme 'San Simón' ródase na provincia de Pontevedra co apoio da Xunta a través das axudas á produción audiovisual
- A película conta cunha subvención de máis de 255.000 euros da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades
- Producida por Miramemira e con dirección e guión de Miguel A. Delgado, aborda o período carcerario neste enclave da ría de Vigo durante a época franquista
Galicia acolle por primeira vez o congreso PROPOR, o máis importante do mundo en procesamento da lingua portuguesa
- O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura oficial deste encontro que incorpora como principal novidade o galego, presente a través de numerosos traballos centrados no procesamento automático da nosa lingua
- Destaca os avances do Proxecto Nós, "a gran aposta do Goberno galego e da USC para incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais"
- Desenvolverase no Gaiás ata este venres e reunirá preto de 150 investigadores de relevancia no campo da linguaxe e a intelixencia artificial, a maioría procedentes de Portugal e do Brasil
A Xunta reparte nos Polos Creativos un 'kit' con materiais específicos para poñer en valor figuras históricas femininas co gallo do 8-M
- Esta nova dotación enmárcase nas expansión que o Goberno galego está a facer dos Polos Creativos ao 100% dos centros galegos de Educación Infantil, Primaria e ESO
- Román Rodríguez explica que o obxectivo "é facer fincapé na importancia do papel das mulleres en diferentes ámbitos profesionais e estimular as vocacións científicas entre as nenas"
Martes 12 Marzo 2024
Máis de mil estudantes de lingua galega danse cita en Cacabelos para celebrar o Día do Galego no Bierzo
- O secretario xeral de Política Lingüística participa nas XVI Xornadas Martín Sarmiento, nas que se entrega a IV edición do Premio Morales
- A celebración está dirixida fundamentalmente á comunidade educativa do Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e Sanabria
Unha vintena de alumnos do colexio Terra Chá de Vilalba achéganse á actividade da Xunta a través do programa 'Coñece as túas institucións'
Santiago de Compostela 12 de marzo de 2024 Unha vintena de alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria do colexio CEIP Terra Chá, de Vilalba, visitaron esta mañá a Xunta de Galicia no marco do programa Coñece as túas institucións. A través desta iniciativa, o Goberno galego e o Parlamento de Galicia ofrecen visitas guiadas ás súas sedes para promover o achegamento e dos escolares sobre os poderes lexislativo e executivo de Galicia. De feito...
Román Rodríguez pide axilidade na elaboración do Plan especial de Conxo para construir un centro de FP
- O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións participa no Consello de Administración do Consorcio de Santiago
- Lembra que a Xunta vai actuar de urxencia no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres á espera dun plan integral de rehabilitación liderado polo Consorcio
O Centro Dramático Galego estrea en Galicia "Manuela Rey Is In Da House" con tres funcións no Teatro Principal de Santiago
- Fran Núñez asina a dirección artística e a dramaturxia da montaxe, inspirada na historia da artista de orixe galega, gran estrela do teatro lisboeta do século XIX
- O espectáculo forma parte das actividades do 40º aniversario da compañía institucional galega e foi creado en coprodución coas principais estruturas de teatro público de Portugal, dentro da súa estratexia de proxección internacional
- As funcións de estrea serán do 14 ao 16 de marzo ás 20,30 h. e haberá un pase previo o mércores para o alumnado da USC no marco do seu programa 'Faíscas Culturais'
Lunes 11 Marzo 2024
A Xunta pon en marcha unha nova liña de subvencións ao sector audiovisual con 200.000 euros para organizar laboratorios e residencias
- Incorpórase de xeito extraordinario ao programa de subvencións da Consellería de Cultura, Educación FP e Universidades para 2024, a través do que se investirán arredor de 6,2 millóns de euros nas diferentes fases do proceso audiovisual
- Apoiarase a organización, por parte de entidades privadas, de encontros de formación e asesoramento que contribúan á creación e desenvolvemento de novos proxectos de cinema e televisión coa solidez necesaria cara á súa futura produción
Román Rodríguez destaca o éxito do primeiro ciclo de FP dual de hostalaría da Costa da Morte
- O conselleiro de Educación en funcións visita os 12 alumnos do ciclo de FP Básica en Cociña e restauración do Instituto IES Ramón Caamaño de Muxía
- Destaca a gran acollida do tecido produtivo da zona, con 10 empresas colaboradoras
A Xunta colaborará na conservación do valioso patrimonio educativo da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee cunha achega de case 50.000€
- O conselleiro de Cultura en funcións e a presidenta da entidade asinan senllos convenios para gastos de xestión e obras de mellora
- Román Rodríguez pon en valor o papel desta entidade na salvagarda da herdanza do pasado educativo único do rural galego
Domingo 10 Marzo 2024
A Xunta lanza axudas para a produción de audiolibros e de libros en lectura fácil para favorecer o acceso universal á lectura e á creación literaria
- A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina 150.000 euros nesta convocatoria con carácter plurianual para 2024 e 2025
Sábado 9 Marzo 2024
Román Rodríguez comproba as obras de rehabilitación das cubertas do Antigo Hospital de San Roque, en Santiago, cun investimento de 345.000€ da Xunta
- O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións explica que o obxectivo é resolver as afeccións deste ben patrimonial catalogado
- A previsión é que os traballos, que abranguen a substitución da cuberta, impermeabilización e reparación de elementos pétreos, estean concluídos este verán
A feira 'Galicia Escena PRO' abre a inscrición de espectáculos para unha edición que reforza o intercambio con outras comunidades
- O mercado de artes escénicas, organizado pola Xunta e a asociación Escena Galega, suma unha nova colaboración con Dansa València
- As compañías profesionais galegas teñen ata o 14 de marzo para inscribir as súas propostas na programación, que se desenvolverá do 27 ao 30 de maio en Santiago
Lunes 4 Marzo 2024
La Xunta reconoce el trabajo de seis institutos y centros de FP con los premios Eduemprende idea 2023
- El certamen tiene como objetivo potenciar la realización de proyectos empresariales por el alumnado de las enseñanzas de FP, deportivas o de artes plásticas y diseño
- Además de un premio en metálico, los ganadores pueden incorporarse la un vivero de empresa de la Consellería de Educación y recibir asesoramiento a través de la Red de por los de emprendimiento y apoyo al empleo
- Las ideas ganadoras abarcan una amplia gama de temáticas, desde el arte urbano y la sostenibilidad ambiental hasta la inclusión y la moda personalizada
Román Rodríguez destaca la mejora de confort y energética del colegio plurilingüe de Lousame después de una inversión de cerca de 600.000€ de la Xunta
- El conselleiro de Educación en funciones visita el centro, en el que se sustituyeron un total de 220 ventanas y se instaló aislamiento térmico en las fachadas
El estreno de "Tratamos demasiado bien a las mujeres" forma parte de la amplia presencia del cine gallego en el Festival de Málaga
- El director de Industrias Culturales asistió en el Teatro Cervantes de la ciudad andaluza al pase inaugural del film de Ficción Producciones, uno de los seleccionados en la sección oficial del certamen
- La película, dirigida por Clara Bilbao y con Carmen Machi, Antonio de la Torre y Luis Tosar en el elenco, se rodó en Galicia con el apoyo del Hub audiovisual de la Xunta y llegará a las salas de cine el 15 de marzo
- El largometraje As Neves, de Cósmica Producciones, y el documental Aurora, de Gaitafilmes, se estrenan también dentro de secciones a competición del certamen
- La Consellería de Cultura, Educación, FP y Universidades difunde el audiovisual gallego bajo a marca ‘Films from Galicia' en el MAFIZ, la zona de industria que se desarrolla en paralelo al festival
La Xunta publicará mañana en el DOG la incoación para declarar Bien de Interés Cultural los murales de Lugrís en la calle Olmos de A Coruña
- La Consellería de Cultura, Educación, FP y Universidades inicia así el procedimiento para otorgarle la máxima protección al conjunto mural después de recibir los informes realizados por el Concello de A Coruña
- El expediente valora que estas 12 obras merecen formar parte del patrimonio cultural más significativo de Galicia por su calidad y contexto artístico
Domingo 3 Marzo 2024
La Xunta convoca a 40 nuevos talentos de creación contemporánea a mostrar su trabajo en el XIV Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura
- El ‘EAN14' les ofrece la oportunidad de dar a conocer su proyecto creativo en una estancia de cuatro días en el Gaiás, con los gastos de estancia cubiertos, en lo que entrar en contacto con otros artistas y de optar a realizar una intervención en las Torres Hejduk
- Podrán aprender también de nombres consolidados como Javier Calleja, Chechu Álava y Elena Fernández Prada
La Xunta convoca la sexta edición de los Premios Ángela Ruiz Robles a la excelencia académica en grados universitarios
- Vano dirigidos al alumnado de grado que obtuviera las mejores cualificaciones en el año académico 2022/23 en las universidades gallegas, excepto en el último curso, en el que se otorgan los Premios Fin de Carreira
- La cuantía de los premios es de 1.100€ por cada una de las personas beneficiarias
- Desde el pasado curso, estos galardones llevan el nombre de la maestra ferrolana, referente de la innovación en la enseñanza, que en 1949 inventó y registró la patente del antecedente del e-book
Sábado 2 Marzo 2024
Román Rodríguez anuncia que la restauración de A Capela de la Soledad de Lugo finalizará en abril
- El responsable de Cultura explicó que el desarrollo de la obra no impedirá la salida de los pasos de Semana Santa de Lugo, fiesta de Interés Turístico de Galicia
- El objetivo de esta actuación, que está ya en la fase final, es corregir los problemas causados por la humedad y recuperar su imagen original
- Con una inversión de más de 200.000€, la intervención da continuidad a la llevada a cabo por la Administración autonómica en el año 2015 para restaurar la cubierta
Román Rodríguez fija la reducción de la burocracia en los centros educativos como una prioridad
- Asegura que, en cumplimiento del Acuerdo de Mejora del Sistema Educativo entre Xunta y sindicatos, ya están constituidos los grupos de trabajo para la simplificación administrativa
- El titular de Educación subraya que esto contribuirá a una gestión más eficaz y eficiente de los centros y la una coordinación técnica estratégica
Viernes 1 Marzo 2024
La Xunta abre el plazo hasta el 20 de marzo para que las familias soliciten plaza para sus hijos en los centros educativos para el curso 2024/25
- Este procedimiento va dirigido a todo el alumnado que entra por primera vez en el sistema educativo, así como los de Infantil, Primaria, ESO y de Bachillerato que desean cambiar de centro escolar, siempre que haya plazas disponibles
- Los trámites pueden realizarse vía telemática en la aplicación informática creada para tal fin en el Portal Educativo
- El plazo de matrícula será de 20 de junio a 1 de julio para los alumnos de Infantil y Primaria y de 23 de junio a 8 de julio para los de ESO y Bachillerato
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.