A feira 'Galicia Escena PRO' abre a inscrición de espectáculos para unha edición que reforza o intercambio con outras comunidades

Imagen del artículo A feira 'Galicia Escena PRO' abre a inscrición de espectáculos para unha edición que reforza o intercambio con outras comunidades

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O mercado de artes escénicas, organizado pola Xunta e a asociación Escena Galega, suma unha nova colaboración con Dansa València
  • As compañías profesionais galegas teñen ata o 14 de marzo para inscribir as súas propostas na programación, que se desenvolverá do 27 ao 30 de maio en Santiago

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2024

Galicia Escena PRO, o mercado galego de artes escénicas promovido pola Xunta de Galicia, estrea unha nova colaboración coa mostra Dansa València, que se vén sumar á xa mantida con MADferia de Madrid no marco da súa liña de intercambio con outras comunidades autónomas.

A través do acordo asinado coa Comunitat Valenciana, o devandito encontro incluirá as artistas galegas Paula Quintas e Marcia Vázquez na programación que se desenvolverá do 13 ao 21 de abril na capital valenciana, onde se presentará así mesmo a nova edición de Danza Galicia. Catálogo dixital de danza e artes do movemento, publicación elaborada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para a difusión da produción coreográfica galega. Ao tempo, Galicia Escena PRO recibirá unha compañía valenciana, que realizará tamén unha xira por outros escenarios galegos.

Manterase igualmente o intercambio de formacións artísticas entre o mercado galego e MADferia Feria de Artes Escénicas de Madrid, na mesma liña común de promover a diversidade cultural,  fortalecer os lazos entre comunidades autónomas e propiciar a circulación da creación fóra de cada un destes territorios.

Para compañías profesionais

Galicia Escena PRO, que celebrará a súa 11ª edición do 27 ao 30 de maio en diferentes espazos de Santiago de Compostela, mantén aberto ata o vindeiro 14 de marzo o prazo de inscrición de propostas de espectáculos e de presentacións en formato pitching por parte das compañías profesionais galegas cara á selección da programación deste ano. Este proceso realízase a través da área profesional da web galiciaescenapro.gal.

Como en anteriores edicións, vólvese contar coa asociación Escena Galega como coorganizadora do evento, ademais de para o nomeamento da comisión encargada da selección artística, coa finalidade de configurar unha programación variada, equilibrada e de calidade, na que estean recollidas todas as artes escénicas.

Para a súa exhibición en formato completo, seleccionaranse tanto espectáculos estreados nos meses anteriores como listos para estrear, mentres que as sesións de pitching porán a disposición de cada compañía seleccionada nesta categoría seis minutos para presentar un adianto dos seus proxectos diante dos profesionais acreditados.

Éxito da edición de 2023

A Xunta promove Galicia Escena PRO como instrumento para facilitar a contratación dos espectáculos de teatro, danza, novo circo e maxia a través de catro días de actividade artística e profesional. Con tal fin, volverá convocar os axentes culturais implicados nos procesos de creación, distribución e exhibición.

Na súa edición de 2023 superou o medio millar de xuntanzas na que participaron máis de 180 profesionais. Entre eles, acudiron a Santiago os responsables de 75 feiras, festivais, circuítos e espazos culturais de Galicia e do resto da península ibérica e dun cento de compañías galegas e empresas de produción e distribución. Como en anos anteriores, a carteleira de espectáculos abriuse tamén ao público xeral, sumando preto de 2700 espectadores.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22895 {"title":"A feira 'Galicia Escena PRO' abre a inscrición de espectáculos para unha edición que reforza o intercambio con outras comunidades","published_date":"2024-03-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/661594\/230211etheria.jpg","id":"22895"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-09/22895-feira-galicia-escena-pro-abre-inscricion-espectaculos-unha-edicion-reforza-intercambio-outras-comunidades https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.