A Xunta abre o prazo para que 108 galegos do exterior cursen formación profesional en Galicia o próximo curso ao abeiro do programa Retorna Talento FP

Imagen del artículo A Xunta abre o prazo para que 108 galegos do exterior cursen formación profesional en Galicia o próximo curso ao abeiro do programa Retorna Talento FP

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Na modalidade de FP Dual ofértanse 60 prazas, cunha parte de formación no país de orixe e a outra en centros de ensino e empresas en Galicia
  • Os estudantes seleccionados neste eido percibirán unha bolsa de 10.800 € de apoio
  • Outras 48 prazas son para formación específica básica, onde os alumnos recibirán 6.500€ de apoio económico para viaxe, aloxamento e manutención durante o curso
  • A Consellería destina case 1M€ a esta iniciativa enfocada a incentivar que os galegos no estranxeiro se formen en Galicia e se incorporen ao noso mercado laboral
  • O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 12 de maio

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2024

A Xunta vén de abrir a convocatoria para solicitar algunha das 108 bolsas Retorna Talento FP para o vindeiro curso 2024/25, dirixidas a que os galegos do exterior poida realizar estudos de Formación Profesional que lles permitan mellorar a súa cualificación e volver á súa terra de orixe.

O Goberno galego destina case 1M€ a esta iniciativa, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna, coa que o Goberno galego quere incentivar que os galegos residentes no estranxeiro -tanto emigrantes coma descendentes destes- a formarse en Galicia e incorporarse ao noso mercado laboral.

A través desta acción, enmarcada na Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, búscase tamén que a sociedade galega se enriqueza cos coñecementos e as experiencias profesionais internacionais que acheguen estas persoas que residiron ou naceron no estranxeiro e que agora retornan a Galicia, ao mesmo tempo que se reforza a súa vinculación coa Comunidade Autónoma.

Como novidade fronte ás convocatorias anteriores, amplíase a idade límite das persoas solicitantes, pasando dos 40 aos 45 anos, favorecendo así que un maior número de persoas galegas que queiran retornar a Galicia poidan facelo acadando unha formación profesional recoñecida que posibilite a súa incorporación ao mercado laboral.

FP Dual á distancia

Nesta modalidade de FP Dual á distancia ofértanse 60 prazas para o vindeiro curso 2024/25. Neste caso, os seleccionados poderán iniciar a súa formación académica no país de orixe e completala coa parte práctica en empresas en Galicia, en función da estrutura dos dous cursos que compoñen cada ciclo.

Así pois, durante o primeiro curso, os estudantes realizarán a primeira parte a distancia desde o país de orixe e unha segunda parte presencial nas empresas seleccionadas a través de convenios con firmas referentes das contornas dos centros e dos sectores correspondentes.

No segundo curso académico, haberá unha primeira parte en modalidade semipresencial no centro de formación e unha segunda parte presencial na empresa. Recibirán unha bolsa de 10.800 euros cada un para afrontar os gastos asociados como a viaxe desde o seu país de procedencia, aloxamento e manutención en Galicia e subscrición dun seguro médico, de ser o caso.

Os ciclos ofertados son os reflectidos na seguinte táboa:

Concello

Centro

Ciclo de FP Dual

Prazas

Ferrol

CIFP Ferrolterra

Ciclo superior de Deseño e amoblamento

12

A Coruña

CIFP Someso

Ciclo superior de Proxectos de edificación

12

Culleredo

CIFP Universidade Laboral

Ciclo superior de Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos

12

Vilamarín

CIFP de Vilamarín

Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos

12

Redondela

IES de Chapela

Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia

12

Formación específica básica

Nesta modalidade, ofértanse un total de 48 prazas para cursar Programas específicos básicos de FP durante o curso 2024/25. Neste caso a bolsa é de 6.500 euros por alumno e a relación de programas formativos ofertados é a seguinte:  

Concello

Centro

Programa formativo de formación específica básica

Prazas

A Coruña

CIFP Someso

Albanelaría e fontanería

16

Culleredo

CIFP Universidade Laboral

Fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios

16

Ferrol

CIFP Ferrolterra

Fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios

16

Prazo ata o 12 de maio

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 12 de maio e deberán facerse a través da aplicación  informática Ciclosadmisión. Os requirimentos son os establecidos na convocatoria: con carácter xeral non ter gozado destas bolsas en convocatorias anteriores, ser residente no estranxeiro e ter nacionalidade española, ter menos de 45 anos e ter algunha relación de orixe ou consanguinidade con Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23077 {"title":"A Xunta abre o prazo para que 108 galegos do exterior cursen formación profesional en Galicia o próximo curso ao abeiro do programa Retorna Talento FP","published_date":"2024-03-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662131\/190614+fp+15a.jpg","id":"23077"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-17/23077-xunta-abre-prazo-108-galegos-do-exterior-cursen-formacion-profesional-galicia-proximo-curso-ao-abeiro-do-programa-retorna-talento-fp https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.