Román Rodríguez anuncia que a Xunta licitará a restauración do claustro do Convento da Mercé de Sarria nas vindeiras semanas

  • A actuación, dotada con máis de 370.000 €, está dirixida a resolver os problemas de deterioro da tarima, así como a mellorar a instalación eléctrica e de iluminación
  • A previsión é que esta obra, que conta cun prazo de execución de 5 meses, estea en marcha no último trimestre do ano
  • O responsable autonómico de Cultura pon en valor o compromiso do Goberno galego coa salvagarda do patrimonio cultural vencellado á Ruta Xacobea

Sarria (Lugo), 25 de marzo de 2024

A Xunta de Galicia licitará nas vindeiras semanas as obras de restauración do claustro do Convento da Mercé ou Mosteiro da Magdalena de Sarria. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, nunha visita a este ben situado ao pé do Camiño Francés.

Neste senso, o responsable autonómico de Cultura puxo en valor o traballo do Goberno galego coa salvagarda do patrimonio cultural de toda a Comunidade, nomeadamente daquel que, coma neste caso, está vencellado á Ruta Xacobea. "Ao longo das rutas de peregrinación atopamos un rico e variado patrimonio cultural que a Administración autonómica ten a responsabilidade de manter para que sexa legado ás futuras xeracións nas mellores condicións", afirmou.

"Na Xunta de Galicia somos conscientes do enorme valor que posúe o noso patrimonio cultural. Por iso, nos últimos anos destinamos máis de 70 M€ para coidar, preservar a manter toda esta riqueza", sinalou Román Rodríguez antes de engadir que este compromiso continúa vixente este ano, "no que as contas destinadas á conservación dos diferentes bens medraron un 7 %".

Programa de obras

No caso concreto de Sarria, a actuación que se porá en marcha cunha achega de máis de 370.000 €, está dirixida a resolver os problemas de deterioro da tarima, así como a mellorar a instalación eléctrica e de iluminación do ben.

Para iso, os traballos que está previsto levar a cabo comezarán na sancristía coa eliminación das humidades, a substitución da actual escaleira que une coa planta alta e o acondicionamento do espazo sobre esta como lugar expositivo e de almacén de pezas históricas.

Ademais, o proxecto tamén inclúe o picado  dos morteiros de cemento, tanto na planta baixa como na sancristía, a eliminación de elementos descontextualizados o acondicionamento do espazo sobre o refectorio para usos culturais e relixiosos mediante a renovación da iluminación e das fiestras.

Por último, na zona do patio, está previsto a renovación das carpinterías exteriores, a reforma da escaleira e a instalación dun novo sistema eléctrico e de iluminación acorde co espazo monumental.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23249 {"title":"Román Rodríguez anuncia que a Xunta licitará a restauración do claustro do Convento da Mercé de Sarria nas vindeiras semanas","published_date":"2024-03-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23249"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-25/23249-roman-rodriguez-anuncia-xunta-licitara-restauracion-do-claustro-do-convento-da-merce-sarria-nas-vindeiras-semanas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.