A FP galega demostra a súa calidade ao alzarse con nove medallas no campionato Spainskills

Imagen del artículo A FP galega demostra a súa calidade ao alzarse con nove medallas no campionato Spainskills

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O alumnado da FP galega obtén tres medallas de ouro nas categorías de Desenvolvemento web, Panadaría e Recepción hoteleira; cinco de prata en CNC Fresado, Escaparatismo, Floraría, Servizo de restaurante e bar e Sistemas robóticos integrados, e unha medalla de bronce en Tecnoloxía do automóbil
  • Os centros galardoados nesta edición son o IES San Clemente, o CIFP Paseo das Pontes, CIFP Manuel Antonio, IES Politécnico de Vigo, IES Ramón Menéndez Pidal, CIFP A granxa, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Politécnico de Lugo e IES As Mariñas
  • Galicia queda en terceira posición en número de medallas, só por detrás de Andalucía e Valencia

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2024

A FP galega demostrou toda a súa calidade nas Spainskills 2024, o campionato nacional no que o equipo de Galicia se alzou con nove medallas. A aposta da Xunta por fortalecer estas ensinanzas xa ten dado os seus froitos en numerosas ocasións, tanto nestas olimpíadas estatais como nas europeas e mundiais.

A delegación galega obtivo tres medallas de ouro, cinco de prata e unha de bronce. Queda, así, na terceira posición no medalleiro, só por detrás de Andalucía e Valencia.

Representantes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acompañaron ao alumnado e profesorado participante na competición durante estes días e transmitiron hoxe o orgullo que supón para o sistema educativo galego o resultado acadado nesta cita.

A relación de galardóns acadados por Galicia é a que se reflicte na seguinte táboa:

Medalla

Especialidade ou skill

Equipo galardoado

Ouro

Desenvolvemento web

Centro: IES San Clemente (Santiago)

Alumno: Ezequiel Soto Seoane 

Titora: Cristina París Brandariz

Ouro

Panadaría

Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Alumna: Maria Bazar Verdes

Titora: Avelina Amado Fernandez

Ouro

Recepción hoteleira

Centro: CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Alumna: Laura Pereira Ramilo 

Titor: Roi Álvarez González

Prata

CNC Fresado

Centro: IES Politécnico de Vigo (Vigo) 

Alumno: Pedro Rodríguez Rodríguez 

Titor: Javier Fondevila Blanco

Prata

Escaparatismo

Centro: IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña)

Alumno: Antía Fernández Loureiro

Titor: María Soledad Seoane Sobrino

Prata

Floraría

Centro: CIFP A Granxa (Ponteareas)

Alumna: Carmen Regueira Fernández 

Titora: M Jesús Pena Fariña

Prata

Servizo de restaurante e bar

Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) 

Alumna: Melisa Touriñán Canosa 

Titor: Gabriel Vilar Longarela

Prata

Sistemas robóticos integrados

Centro: CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

Alumnos: Andrés Díaz López y Carlos Fernández Rodríguez

Titor: Carlos Victorio Álvarez Pérez

Bronce

Tecnoloxía do automóbil

Centro: IES As Mariñas (Betanzos) 

Alumno: Hugo López Lameiro 

Titor: Miguel Vilela González

 

Participación en 34 "skills"

Arredor de 100 persoas, entre alumnos e docentes, conformaron o equipo galego nestas olimpíadas nacionais da Formación Profesional, que se desenvolveron no recinto feiral de IFEMA, en Madrid, desde o 9 de abril.

 

Competiron un total de 38 alumnos de 23 centro nun total de 34 modalidades de skills, das cales 29 foron competicións oficiais e cinco en formato demostración.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23589 {"title":"A FP galega demostra a súa calidade ao alzarse con nove medallas no campionato Spainskills","published_date":"2024-04-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/83214-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23589"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-13/23589-fp-galega-demostra-sua-calidade-ao-alzarse-nove-medallas-campionato-spainskills https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.