Unha delegación do Instituto Estatal de Calidade e Investigación escolar de Munich coñece en Lugo a estratexia da Xunta en ensino innovador

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Visitan o Instituto IES Nosa Señora dos Ollos Grandes para afondar na metodoloxía didáctica nas materias sobre Intelixencia Artificial
  • Coñecen o Colexio Sagrado Corazón, como exemplo do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, o IES Sanxillao e o CIFP As Mercedes, referentes en FP

Lugo, 9 de abril de 2024

A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Instituto IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes con representantes do Instituto Estatal de Calidade Escolar e Investigación Educativa de Munich, no marco da estadía desta delegación alemá para coñecer o sistema educativo galego.

En concreto no instituto lucense, xunto con docentes do centro e técnicos da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, a delegación xermana afondou na metodoloxía didáctica para impartir materias relacionadas coa Intelixencia Artificial. Cómpre lembrar que o sistema educativo galego conta con dúas materias específicas neste sentido: Intelixencia artificial para a sociedade e Tecnoloxías intelixentes, ambas impartidas no Ollos Grandes.

Na súa visita a Lugo, os representantes do Instituto Estatal de Calidade Escolar e Investigación Educativa de Munich coñeceron tamén o Colexio CEIP Sagrado Corazón, como modelo de centro adaptado ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. Así mesmo, esta tarde visitan o Instituto IES Sanxillao e o Centro Integrado de FP As Mercedes, ambos referentes de innovación na Formación Profesional.

Durante a súa estadía en Galicia, que se prolongará ata o venres, afondarán tamén nas estratexias da Xunta en materia de dixitalización do ensino, de innovación educativa e de formación do profesorado en senllas visitas a Centro de Innovación Educativa e Dixital  e a Centro Autonómico de Formación e Innovación. Entre outros asuntos, abordaranse o proxecto EdugalIA, de intelixencia artificial aplicada ao sistema educativo galego, ou os Polos Creativos. Así mesmo, farase unha posta en común e estudarase a posibilidade de establecer sinerxías entre ambas institucións en prol da calidade do sistema educativo. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23501 {"title":"Unha delegación do Instituto Estatal de Calidade e Investigación escolar de Munich coñece en Lugo a estratexia da Xunta en ensino innovador","published_date":"2024-04-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/775504\/20240409NPDXOIEDelegacionAlemaIESOllosGrandes1.jpg","id":"23501"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-09/23501-unha-delegacion-do-instituto-estatal-calidade-e-investigacion-escolar-munich-conece-lugo-estratexia-da-xunta-ensino-innovador https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.