A Xunta e Gálix celebran o Día do libro infantil e xuvenil co lanzamento dun catálogo que reúne 143 títulos

Imagen del artículo A Xunta e Gálix celebran o Día do libro infantil e xuvenil co lanzamento dun catálogo que reúne 143 títulos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación deste libro elaborado pola Asociación Gálix que se estreará na Feira do Libro de Boloña
  • A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades amosa o compromiso co sector para seguir promovendo a literatura galega no mercado internacional

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación do catálogo de Libros Infantís e Xuvenís de Galicia 2024, elaborado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) para dar a coñecer no exterior co gallo das feiras do libro deste ano.

Coincidindo co Día do Libro Infantil e Xuvenil, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades sinalou que con "este catálogo, no que colaboramos, queremos achegar toda a diversidade e variedade que os lectores poden atopar na literatura infantil e xuvenil galega".

O catálogo contén 143 títulos de máis de 20 editoriais que reflicten a diversidade e a gran produción do sector, así como a permanente renovación formal e estética dos seus profesionais. Así o reflectiron durante a súa presentación, previa á celebración da Feira do Libro Infantil de Boloña, a primeira das citas  internacionais á que acudirá este ano a Xunta de Galicia para promocionar o sector do libro e cultural. Esta celebrarase do 8 ao 11 de abril e estará presente este catálogo que ofrece numerosas propostas nela.

Internacionalización do libro

"Coa nosa presenza en Boloña queremos amosar o noso compromiso de seguir promovendo e dando a coñecer a nosa literatura infantil e xuvenil e aos seus autores", indicou Anxo M. Lorenzo, recordando que a Xunta de Galicia dará a coñecer na cidade italiana o gran momento que vive a industria literaria galega, para "o que é fundamental a implicación de todo o sector cultural".

Na Feira de Boloña estarán presentes, entre outros, os ilustradores Nuria Díaz e Diego Estevo e alumnado das EASD Pablo Picasso da Coruña e Antonio Faílde de Ourense. Cun stand propio, o Goberno galego disporá de espazos para un punto de información, así como para presentacións e exposicións.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23348 {"title":"A Xunta e Gálix celebran o Día do libro infantil e xuvenil co lanzamento dun catálogo que reúne 143 títulos","published_date":"2024-04-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773483\/libroinfantil.jpg","id":"23348"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-02/23348-xunta-e-galix-celebran-dia-do-libro-infantil-e-xuvenil-co-lanzamento-dun-catalogo-reune-143-titulos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.