A Xunta esixe ao Ministerio de Universidades diálogo e negociación coas comunidades e que aclare como vai reducir a temporalidade docente sen orzamentos

  • O Goberno central non explica como asumirá este ano o pago das prazas anunciadas sen acordo previo dado que non ten previsión de aprobar Orzamentos en 2024
  • O conselleiro Román Rodríguez lamenta este xeito de facer política, resumido no "yo invito y tú pagas", e reprocha a "falta de respecto á arquitectura institucional"

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2024

 A Xunta de Galicia participou hoxe na Conferencia General de Política Universitaria en Madrid, onde se abordou a redución da temporalidade do profesorado universitario. No transcurso do encontro, ao que asistiu o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, 11 das 17 comunidades autónomas esixiron ao Ministerio de Universidades que aclare como vai executar o seu plan, despois de que Moncloa esixise adherirse in situ pese a non estar na orde do día.

Neste sentido, Galicia, ao igual que a inmensa maioría das comunidades, explicou que non é posible sumarse a un acordo cuxo contido e financiamento específico se descoñece e que non foi negociado previamente cos gobernos autonómicos a pesar de que se pretende que parte do financiamento recaia neles. Cómpre lembrar que o Goberno do Estado deixou sen efecto o grupo de traballo coas autonomías, que eles mesmos constituirán para abordar este asunto, anunciando un plan sen acordo previo.

Na Conferencia General de hoxe non houbo lugar a negociación, dado que o Ministerio indicou que as administracións autonómicas deberían adherirse ao acordo e pagar un terzo das prazas desde o curso 2024/25 ao 2027/28. Iso malia que o Ministerio non foi quen de aclarar como vai asumir o pago completo das prazas este ano, tendo en conta que o Goberno central non vai ser quen de aprobar Orzamentos para o 2024.  

Posición vantaxosa de Galicia

A este respecto, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, lamentou en declaracións aos medios de comunicación que o Ministerio de Universidades afonde na política do "yo invito y tú pagas", con accións "sen orzamento que os sustente", o que representa "unha falta de respecto á arquitectura institucional do Estado español". "E necesario que se acheguen fondos específicos ás comunidades autónomas, que somos as que financiamos practicamente o 100% dos sistemas universitarios autonómicos", explicou o representante da Xunta de Galicia.

En todo caso, explicou que Galicia parte dunha situación vantaxosa: "Afortunadamente levamos tempo con plans de financiación plurianuais que están posibilitando que as universidades teñan os máximos orzamentos da súa historia". En concreto, este ano a achega da Consellería de Educación ás universidades supera por primeira vez os 500M€. Nesta mesma liña, lembrou que na nosa Comunidade "se fixeron ben as cousas tamén en relación ás plantillas universitarias, polo que o impacto da medida será menor".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23401 {"title":"A Xunta esixe ao Ministerio de Universidades diálogo e negociación coas comunidades e que aclare como vai reducir a temporalidade docente sen orzamentos","published_date":"2024-04-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23401"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-03/23401-xunta-esixe-ao-ministerio-universidades-dialogo-e-negociacion-coas-comunidades-e-aclare-como-vai-reducir-temporalidade-docente-sen-orzamentos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.