A Xunta loa o traballo da rapazada na entrega de galardóns da III edición do Premio Otero Pedrayo para estudantes

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O secretario xeral de Política Lingüística participa neste acto que tamén conmemora o 48 aniversario do pasamento do autor ourensán
  • O IES Otero Pedrayo de Ourense faise cos galardón individuais e colectivos na categoría de Bacharelato polos traballos de Lucía González e o grupo 'As Oterianas'
  • Na categoría de Secundaria resultou gañador o grupo 'Araucaria', do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, mentres que a categoría individual quedou deserta
Imagen del artículo A Xunta loa o traballo da rapazada na entrega de galardóns da III edición do Premio Otero Pedrayo para estudantes
Amoeiro (Ourense), 10 de abril de 2024

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na entrega dos galardóns do III Premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato, impulsados desde a fundación homónima co apoio da Xunta de Galicia co fin de fomentar entre a mocidade o coñecemento e o recoñecemento do autor ourensán.

No acto, que  tamén foi unha homenaxe a Pedrayo no 48 aniversario do seu pasamento este 10 de abril, o  representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades loou o traballo de todas as persoas participantes "pola calidade dos traballos presentados, que ademais foron preto de medio cento, o cal demostra o alto interese que segue espertando entre as novas xeracións a figura dun autor tan significativo para o galego e para Galicia".

Canda Valentín García tamén participaron nesta entrega, que acolleu a Casa Grande de Cima de Vila, sede da Fundación Otero Pedrayo, o presidente da dita entidade, Eduardo López Pereira, e o alumnado e profesorado dos centros premiados.

Alumnado premiado

Na terceira edición deste certame, o IES Otero Pedrayo de Ourense fíxose cos dous galardóns na categoría de Bacharelato: o premio individual foi para Lucía González Vázquez, polo traballo Poesía e Xeografía de Bocarribeira; mentres que o colectivo recaeu  no grupo 'As Oterianas', que analizou os cinco anos do autor como alumno preuniversitario no proxecto Otero Pedrayo alumno, traxectoria no centro que leva o seu nome.

Ademais, o xurado acordou recoñecer cun accesit o traballo titulado Violencia e delito en O mesón dos ermos: brutos, bandoleiros e negreiros, presentado por un grupo de estudantes do IES de Ponteceso.

Doutra banda, na categoría reservada para alumnado de Secundaria, recibiu o premio colectivo o grupo 'Araucaria', do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo. O seu  traballo Galeguízate con Otero, un videoxogo realizado con scratch, foi eloxiado polo xurado pola excelente aplicación das novas tecnoloxías. Nesta categoría tamén recibiu un accesit o grupo 'Ilustres dinámicos', do IES Chan do Monte Marín.

Por último, o premio na categoría individual quedou deserto, aínda que se lle concedeu tamén un accesit a Avril Lagos González, alumna do IES Chan do Monte de Marín, pola súa biografía en verso de don Ramón.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 10/04/2024
23525 {"title":"A Xunta loa o traballo da rapazada na entrega de galardóns da III edición do Premio Otero Pedrayo para estudantes","published_date":"2024-04-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887128\/20240410EntregaPremioOteroPEdrayo.jpg","id":"23525"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-10/23525-xunta-loa-traballo-da-rapazada-na-entrega-galardons-da-iii-edicion-do-premio-otero-pedrayo-estudantes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.