A delegación territorial da Xunta en Lugo acollerá o venres 22 de marzo un concerto gratuíto do grupo canario Los Sabandeños
![Imagen del artículo A delegación territorial da Xunta en Lugo acollerá o venres 22 de marzo un concerto gratuíto do grupo canario Los Sabandeños](https://www.xunta.gal/documents/35297/662125/150324+Presentacion+concerto+Os+Sabandenos.jpeg)
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Lugo, 15 de marzo de 2024
A Xunta de Galicia ofrecerá no salón de actos da Delegación Territorial de Lugo un concerto do coñecido grupo de folclore popular canario Los Sabandeños, que se celebrará o venres 22 de marzo a partir das 22.00 horas.
A asistencia é aberta e gratuíta para todas as persoas interesadas, aínda que por cuestións de aforo é preciso inscribirse con antelación enviando un correo electrónico ao enderezo concertosabandenos.cultura.lugo@xunta.gal.
O grupo presentará un resumen do seu dilatado repertorio, que inclúe cancións populares canarias xunto con versións de famosas composicións de distintos autores e estilos, como Sólo le pido a Dios, Lágrimas Negras, Mirando al Mar ou Yolanda.