A facultade de Filoloxía acolle ata o 18 de abril unha exposición que visibiliza o legado das mulleres na literatura universal

  • O secretario xeral de Política Lingüística participa na inauguración da mostra '8 libros 8 mulleres que cambiaron o mundo', que conta co apoio da Xunta
  • Recolle o traballo de Mary Shelley, Harriet Beechet Stowe, Bertha Von Suttner, Betty Friedan, Clara Campoamor, Harper Lee, Rachel Carson e Hanna Arendt

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2024

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na inauguración da exposición 8 libros 8 mulleres que cambiaron o mundo, que desenvolve a Universidade de Santiago de Compostela (USC) co apoio da Xunta de Galicia para visibilizar o legado das mulleres na literatura universal.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou "a importancia de fomentar discursos que poñen en valor o labor e o talento das mulleres ao longo da historia, facéndoo ademais en galego, o que contribúe á normalización da lingua no marco universitario". Ademais, Valentín García quixo agradecer "a colaboración e a implicación da USC, a través da súa Biblioteca Universitaria, en iniciativas que acheguen a cultura e a lingua á xente nova".

Canda o titular de Política Lingüística tamén participaron no acto inaugural, que acolleu a Facultade de Filoloxía da USC, o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijóo; a directora da Biblioteca Universitaria, Mabela Casal; o decano da Facultade de Filoloxía, Elías Feijóo, e a directora da Biblioteca de Filoloxía, Pilar Díez.

A mostra está composta por nove paneis que recollen as obras de mulleres clave dos últimos dous séculos: Mary Shelley -con Frankestein ou o moderno Prometeo-, Harriet Beechet Stowe -con A cabana do Tío Tom-, Bertha Von Suttner -con Abaixo as armas-,  Betty Friedan -con A mística da feminidade-, Clara Campoamor -con O voto feminino e eu-, Harper Lee -con Matar a un reiseñor-, Rachel Carson -con Primavera silenciosa- e Hanna Arendt -con Eichmann en Xerusalén-.

A mostra permanecerá na Facultade de Filoloxía ata o 18 de abril para desprazarse, posteriormente, á Biblioteca Concepción Arenal, onde poderá visitarse do 23 de abril ao 16 de maio.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23098 {"title":"A facultade de Filoloxía acolle ata o 18 de abril unha exposición que visibiliza o legado das mulleres na literatura universal","published_date":"2024-03-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23098"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-18/23098-facultade-filoloxia-acolle-ata-18-abril-unha-exposicion-visibiliza-legado-das-mulleres-na-literatura-universal https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.