Román Rodríguez anuncia que a Xunta prepara un proxecto para a rehabilitación integral do instituto Alfredo Brañas de Carballo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Educación en funcións inaugura o novo salón de actos deste centro, que conta cun investimento de case 270.000€ do seu departamento
  • A Consellería ten encargado o proxecto para a remodelación do centro, unha obra cun investimento estimado de 1,5M€ que podería licitarse a partir de 2025

Carballo (A Coruña), 2 de abril de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, anunciou hoxe que a Xunta está a preparar un proxecto para a rehabilitación integral do Instituto IES Alfredo Brañas de Carballo. Nunha visita para inaugurar o novo salón de actos, o representante da Xunta explicou que o seu departamento ten xa encargado o proxecto para remodelación do centro, unha obra cun investimento estimado de 1,5M€ que podería licitarse a partir de 2025.

No referido ao novo salón de actos, que contou cun investimento de case 270.000€, Román Rodríguez explicou que con esta actuación se dá resposta a unha demanda do centro. "Grazas a esta reforma, o instituto conta agora cun espazo dotado de todo o necesario para que a comunidade educativa poida celebrar aquí diversos actos e reunións, dos que hoxe imos ver un pequeno adianto", destacou Román Rodríguez.

Non en balde, varios alumnos do centro interviñeron no acto varios estudantes, que ofreceron actuacións musicais. Ademais, o director do Hospital Materno Infantil da Coruña, Alejandro Ávila, os actores Rober Bodegas e María Tasende e o catedrático de Física da Universidade de Santiago de Compostela Jorge Mira enviaron vídeos falando do seu paso polo instituto, do que foron alumnos no seu momento

A intervención incluíu a substitución do falso teito, mellora da acústica, acabados e instalacións básicas, cambio de pavimento, instalación de paneis de madeira pintados e renovación da instalación eléctrica. Ademais, mellorouse a accesibilidade do espazo, mudáronse as butacas e redeseñouse o palco superior.

Investimento de 1,7 M€

O conselleiro en funcións lembrou que a Xunta investiu nos centros educativos de Carballo un total de 1,7M€ desde 2009. "Ademais, neste momento temos en marcha a instalación dunha caldeira de biomasa no Instituto IES Monte Neme, cun investimento de máis de 400.000€, que está en adxudicación", indicou.

Estas actuacións enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta para renovar os 1.600 edificios que forman os máis de 1.000 centros educativos galegos e adaptalos ás necesidades do ensino do século XXI, ao tempo que se mellora a súa eficiencia enerxética e o confort da comunidade escolar.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23356 {"title":"Román Rodríguez anuncia que a Xunta prepara un proxecto para a rehabilitación integral do instituto Alfredo Brañas de Carballo","published_date":"2024-04-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773483\/20240402+Roman+carballo+1.jpg","id":"23356"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-02/23356-roman-rodriguez-anuncia-xunta-prepara-proxecto-rehabilitacion-integral-do-instituto-alfredo-branas-carballo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.