Galicia acolle por primeira vez o congreso PROPOR, o máis importante do mundo en procesamento da lingua portuguesa

  • O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura oficial deste encontro que incorpora como principal novidade o galego, presente a través de numerosos traballos centrados no procesamento automático da nosa lingua
  • Destaca os avances do Proxecto Nós, "a gran aposta do Goberno galego e da USC para incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais"
  • Desenvolverase no Gaiás ata este venres e reunirá preto de 150 investigadores de relevancia no campo da linguaxe e a intelixencia artificial, a maioría procedentes de Portugal e do Brasil

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024

A décimo sexta edición do Congreso Internacional sobre Procesamento Computacional do Portugués (PROPOR-2024) ten lugar en Galicia por primeira vez na historia. Trátase  do evento principal no ámbito do procesamento da linguaxe natural e a intelixencia artificial arredor do portugués escrito e falado. Con esta sede en Santiago de Compostela, o galego adquire un destacado protagonismo no evento, xa que, tamén por primeira vez, está presente con numerosos traballos centrados no procesamento automático da lingua propia, como é o caso dos que se desenvolven no marco do Proxecto Nós.

Na apertura oficial do evento participou hoxe o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que salientou a importancia da chegada deste congreso a Galicia "xa que, como galegos, sentímonos fortemente unidos aos nosos irmáns lusófonos, tanto portugueses como brasileiros ou angolanos". Ademais, o representante autonómico destacou que é "fundamental para o futuro da lingua galega asegurar a súa presenza nos dispositivos de intelixencia artificial". Neste senso, subliñou os avances do Proxecto Nós, "a gran aposta  do Goberno galego e da USC para incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais", no que ambas entidades colaboran desde hai case tres anos.

O congreso, que reúne preto de 150 investigadores na materia, a maioría procedentes de Portugal e do Brasil, desenvólvese na Cidade da Cultura ata este venres baixo a organización do CiTIUS, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, entre outras entidades.

70 comunicacións científicas

Baixo coordinación do equipo de investigación do Proxecto Nós, PROPOR-2024 conta con 70 comunicacións científicas, que inclúen presentacións orais e pósters, ademais de varios eventos asociados: catro workshops, dous titoriais, unha sesión de demostradores, unha xuntanza industrial e dúas mesas redondas.

A primeira das mesas redondas, presidida polo enxeñeiro José Ramón Pichel, está dirixida ás empresas tecnolóxicas, mentres que na segunda, que conta coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, se debaterá cuestión de política científica á volta da intelixencia artificial e da lingua galega/portuguesa baixo a moderación do profesor António Branco.

Ademais, o congreso conta coa participación de tres relatores convidados: Elías Feijó, da USC, que fai unha radiografía da historia da lingua galega/portuguesa desde diferentes puntos de vista; Gemma Boleda (Universidade Pombeu Fabra), que se centra no estudo dos cambios léxicos, e Marta Ruiz Cosa-Jussà (Meta Al-París), especialista en métodos de avaliación de modelos de tradución.

Por último, PROPOR-2024 tamén lles ofrece ás persoas asistentes distintas actividades socio-culturais, como a actuación de Quico Cadaval ou o concerto de Laura LaMontagne.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22989 {"title":"Galicia acolle por primeira vez o congreso PROPOR, o máis importante do mundo en procesamento da lingua portuguesa","published_date":"2024-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22989"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-13/22989-galicia-acolle-primeira-vez-congreso-propor-mais-importante-do-mundo-procesamento-da-lingua-portuguesa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.