O filme 'San Simón' ródase na provincia de Pontevedra co apoio da Xunta a través das axudas á produción audiovisual

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A película conta cunha subvención de máis de 255.000 euros da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades
  • Producida por Miramemira e con dirección e guión de Miguel A. Delgado, aborda o período carcerario neste enclave da ría de Vigo durante a época franquista

Redondela (Pontevedra), 13 de marzo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitaron o equipo do filme San Simón, que afronta esta semana as últimas xornadas de traballo na illa da enseada da ría de Vigo. As vindeiras localizacións ata rematar a fase de rodaxe o 5 de abril serán a Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA), en Vigo, e o Convento de Santa Clara, en Pontevedra.

 

O director e guionista do filme, Miguel A. Delgado, e Andrea Vázquez, da produtora galega Miramemira, recibiron os representantes da Xunta de Galicia, que cede o uso das instalacións e contribúe á realización desta longametraxe cunha achega de 255.500 euros como un dos 14 títulos subvencionados en 2022 a través da convocatoria de axudas á produción e coprodución audiovisual da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

 

Na súa visita, Anxo M. Lorenzo e Jacobo Sutil tiveron a oportunidade de coñecer polo miúdo o traballo do equipo técnico e artístico, composto por case 300 profesionais, dos que máis do 95% son galegos. No elenco figuran Valentín Estévez (O Corno, Eles transportan a morte, Fatum), Javier Varela (As bestas, O sabor das margaridas, Fariña), Miguel Borines (Los lunes al sol) e Tatán (Matria), que comparten pantalla con actores e actrices sen experiencia, todos de Galicia.

 

Construción da memoria

San Simón é un retrato colectivo inspirado na historia dos homes e mulleres que foron vítimas da represión franquista, período no que a illa foi utilizada como cárcere. A trama está construída a partir dos diarios, cartas e memorias das persoas presas entre os anos 1936 e 1943, nos que a ditadura converteu San Simón nun campo de concentración.

 

A película é unha coprodución hispano-portuguesa das empresas Miramemira, Morelli Producciones e Bando á Parte, que recibiu tamén o apoio da Deputación de Pontevedra, ICAA, TVG, TVE, TV Castilla-La Mancha e Abycine. Conta ademais coa colaboración do colectivo arousán O Faiado da Memoria, da Universidade de Santiago, do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy; e o asesoramento do grupo Histagra, centrado no estudo da historia agraria e política do mundo rural dos séculos XIX e XX.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22995 {"title":"O filme 'San Simón' ródase na provincia de Pontevedra co apoio da Xunta a través das axudas á produción audiovisual","published_date":"2024-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/519905\/20240313RodaxeSanSimon1.jpg","id":"22995"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-13/22995-filme-san-simon-rodase-na-provincia-pontevedra-co-apoio-da-xunta-traves-das-axudas-producion-audiovisual https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.