Máis de mil estudantes de lingua galega danse cita en Cacabelos para celebrar o Día do Galego no Bierzo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O secretario xeral de Política Lingüística participa nas XVI Xornadas Martín Sarmiento, nas que se entrega a IV edición do Premio Morales
  • A celebración está dirixida fundamentalmente á comunidade educativa do Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e Sanabria
Imagen del artículo Máis de mil estudantes de lingua galega danse cita en Cacabelos para celebrar o Día do Galego no Bierzo
Cacabelos (León), 12 de marzo de 2024

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na localidade leonesa de Cacabelos na XVI edición das Xornadas Martín Sarmiento, organizadas no marco das celebracións do Día do Galego no Bierzo pola Comisión Cultural Martín Sarmiento co apoio da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León, entre outras entidades.

A celebración, que xira arredor do aniversario do ilustre berciano Frei Martín Sarmiento o 9 de marzo, reuniu como cada ano arredor dun milleiro de estudantes de lingua galega do Bierzo, que se deron cita no Cine Faba para comezar a xornada festiva. Alí, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, acompañado de varios representantes locais e autonómicos, expresou a súa satisfacción "polo interese que a lingua galega esperta máis aló das nosas fronteiras, especialmente na xente nova, que aposta por formarse nela e garantir o seu futuro nestas terras".

Programa da xornada

A primeira parte da xornada estivo orientada ao estudantado de secundaria e da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada adscrito ao Programa de promoción do galego no Bierzo e Sanabria, que reforza os vencellos históricos entre as dúas comunidades autónomas.

Os asistentes empezaron a traballar nunha proposta didáctica arredor do Dicionario do Galego do Bierzo, da autoría de Sara Rodríguez Fernández, co obxectivo de difundir os contidos do volume e ampliar o número de entradas desta primeira edición.

De seguido, uniuse a rapazada dos centros de Primaria para asistir á entrega da IV edición do Premio Morales, que conta co patrocinio da Consellería da Cultura, Educación, FP e Universidades. Este certame promove a creatividade artística e literaria en lingua galega dos escolares ao tempo que homenaxea ao autor berciano Antonio Fernández Morales, precursor da escrita en galego en Castela e León.

O acto, que estivo amenizado pola actuación musical de Paco Nogueiras co espectáculo C@nto contigo, continuou coa presentación das novas seccións da páxina web ogalegonobierzo.org, impulsada co apoio da Xunta, e o anuncio da convocatoria da V edición do Premio Morales.

A xornada pechouse cunha mesa de debate na que se reuniron autoridades, docentes e diferentes entidades culturais para realizar un seguimento das actividades levadas a cabo e concretar novos compromisos coa lingua galega no Bierzo.

A celebración do Día do Galego no Bierzo está dirixida fundamentalmente á comunidade educativa dos 19 centros -18 en León e un en Zamora- adscritos ao Programa de promoción da lingua galega neste territorio galegofalante do exterior, xurdido da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León, iniciada no ano 2001. Deles, 14 son colexios e catro son institutos, ademais da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/03/2024
22969 {"title":"Máis de mil estudantes de lingua galega danse cita en Cacabelos para celebrar o Día do Galego no Bierzo","published_date":"2024-03-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/519905\/DiaGalegoNoBierzo.jpeg","id":"22969"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-12/22969-mais-mil-estudantes-lingua-galega-danse-cita-cacabelos-celebrar-dia-do-galego-bierzo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.