A Xunta recoñecerá a excelencia de 23 titulados de FP de grao superior cos premios extraordinarios
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria destes galardóns, dirixidos aos estudantes que remataron o ciclo no ano 2023
- Cada estudante premiado recibe 1.000€, un diploma acreditativo, e poderá concorrer ao correspondente Premio Nacional

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2024.- A Xunta de Galicia vén de publicar a convocatoria dos premios extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior para o alumnado que rematou os seus estudos no curso 2022/23. Son en total 23 galardóns, un por cada familia profesional, cos que se recoñecen e valoran publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estas ensinanzas.
Poderán optar a estes premios as persoas que cursaran estudos de FP de grao superior durante o curso 2022/23 nalgún centro educativo galego, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e remataran no ano 2023. Ademais, esíxese unha cualificación final igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos.
O prazo de presentación de solicitudes para optar aos galardóns estará aberto ata o día 25 de abril. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu.
Cada estudante premiado recibirá 1.000€ e un diploma acreditativo. Ademais, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de grao superior.