A Xunta reparte nos Polos Creativos un 'kit' con materiais específicos para poñer en valor figuras históricas femininas co gallo do 8-M

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Esta nova dotación enmárcase nas expansión que o Goberno galego está a facer dos Polos Creativos ao 100% dos centros galegos de Educación Infantil, Primaria e ESO
  • Román Rodríguez explica que o obxectivo "é facer fincapé na importancia do papel das mulleres en diferentes ámbitos profesionais e estimular as vocacións científicas entre as nenas"

Vedra (A Coruña), 13 de marzo de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, visitou hoxe o Colexio CPI Plurilingüe de Vedra, onde comprobou como o alumnado traballa co kit de Polos Creativos elaborado polo seu departamento para a celebración do 8-M. Tal e como explicou o representante da Xunta, o obxectivo deste equipamento especial é poñer en valor figuras históricas femininas das artes e das ciencias desde unha reivindicación lúdica.

Tal e como explicou Román Rodríguez, "esta nova dotación enmárcase nas expansión que o Goberno galego está a facer dos Polos Creativos ao 100% dos centros galegos que imparten Educación Infantil, Primaria e ESO, o que supón a instalación deste espazos en máis de 1.200 centros, cun investimento próximo aos 19M€". 

"Este novo kit ten como obxectivo facer fincapé na importancia do papel das mulleres en diferentes ámbitos profesionais e seguir avanzando no estímulo das vocacións científicas entre as nenas, amosándolles exemplos de mulleres relevantes neste eido", salientou o conselleiro en funcións. "Ademais, búscase que os estudantes descubran que a creatividade non só se ampara na tecnoloxía, senón tamén no coñecemento artístico e na capacidade inventiva, que tamén incentivan a matemática, a xeometría, a cooperación", puntualizou.

Materiais do 'kit'

Deste xeito, o novo kit inclúe un xogo de cartas con imaxes de ilustradoras científicas elaboradas por mulleres artistas que serve para que os estudantes descubran as figuras históricas, e que o fagan dunha maneira desenfadada. 

A maiores, contén ilustracións inspiradas en autoras históricas para recrear con materiais dixitais, así como un vídeo documental sobre o traballo das redeiras, e indicacións para realizar redes similares empregando materiais impresos en 3D. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22977 {"title":"A Xunta reparte nos Polos Creativos un 'kit' con materiais específicos para poñer en valor figuras históricas femininas co gallo do 8-M","published_date":"2024-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662116\/20240313CPIVedraPolosCreativos1.jpg","id":"22977"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-13/22977-xunta-reparte-nos-polos-creativos-kit-materiais-especificos-poner-valor-figuras-historicas-femininas-co-gallo-do-8-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.