A Xunta destaca o bo exemplo do equipo monfortino gañador do certame nacional 'Coñecementos financeiros'

Imagen del artículo A Xunta destaca o bo exemplo do equipo monfortino gañador do certame nacional 'Coñecementos financeiros'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa da Consellería de Educación transmítelles as felicitacións do Goberno galego a estes rapaces do Instituto IES Río Cabe "por ter superado este reto co mellor resultado"
  • Proclamáronse gañadores tras superar unha disputada final que consistiu nun concurso de preguntas e respostas fronte a outro centro de Cáceres 

Monforte de Lemos (Lugo), 18 de marzo de 2024

A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, visitou hoxe aos membros do equipo do Instituto IES Río Cabe de Monforte de Lemos gañador do concurso nacional Coñecemento financeiros, organizado polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores.

A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades transmitiulles as felicitacións da Xunta "por ter superado co mellor resultado este reto, no que non só tiveron que amosar unha gran solvencia a nivel de coñecementos, senón a capacidade de facer fronte aos nervios". "Sodes un exemplo para os voso compañeiros", afirmou.

Non en balde, o equipo monfortino proclamouse gañador tras superar unha disputada final que consistiu nun concurso de preguntas e respostas sobre cuestións financeiras no que se enfrontaron ao Colexio Santísima Trinidad, de Plasencia (Cáceres). Ademais dunha tablet para cada integrante do equipo, o centro recibiu 3.000€ para material escolar. 

Precisamente co gallo deste triunfo, a OCDE decidiu celebrar o primeiro acto da 12ª edición da Global Money Week no Instituto IES Río Cabe, cun taller sobre cultura financeira. O obxectivo deste campaña mundial é fomentar a educación financeira, unha liña de actuación que tamén desenvolve a Xunta de Galicia con formación específica para os docentes e unha materia na ESO.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23096 {"title":"A Xunta destaca o bo exemplo do equipo monfortino gañador do certame nacional 'Coñecementos financeiros'","published_date":"2024-03-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662134\/IESRioCabeConecementosFinanceiros.jpeg","id":"23096"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-18/23096-xunta-destaca-bo-exemplo-do-equipo-monfortino-ganador-do-certame-nacional-conecementos-financeiros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.