Román Rodríguez comproba as obras de rehabilitación das cubertas do Antigo Hospital de San Roque, en Santiago, cun investimento de 345.000€ da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións explica que o obxectivo é resolver as afeccións deste ben patrimonial catalogado
  • A previsión é que os traballos, que abranguen a substitución da cuberta, impermeabilización e reparación de elementos pétreos, estean concluídos este verán

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, visitou esta mañá o Antigo Hospital de San Roque, en Santiago de Compostela, para comprobar o avance das obras de rehabilitación da cuberta do edificio que está acometendo a Xunta de Galicia cun investimento de 345.000 euros.

O titular de Cultura do Goberno galego salientou que, pese a que as condicións meteorolóxicas incidiron na planificación dos traballos, estes continúan avanzando co previsión de que estean concluídos no mes de xullo.

Román Rodríguez salientou a importancia desta actuación, que se iniciou o pasado outubro, para garantir a integridade deste edificio que destaca polo seu valor patrimonial. De feito, ten a consideración de ben catalogado ao estar incluído no catálogo do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica.

O obxectivo da actuación é resolver patoloxías derivadas do estado da cuberta. Así, solucionaranse os problemas de estanquidade provocados polo mal estado dos elementos de suxeición das tellas, pola rotura de placas de fibrocemento e polo deterioro ou ausencia de impermeabilización nalgunhas zonas. Ademais, tamén se vai actuar nos elementos de pedra asociados á cuberta que están en mal estado.

Para iso, os traballos abranguen a substitución da cuberta por unha nova de tella sobre fibrocemento, a correcta impermeabilización e a reparación dos elementos de pedra asociados a esta parte da estrutura.

Preto de 600.000€ investidos

Esta intervención dá continuidade á realizada no ano 2021 para reparar e restaurar a fachada do antigo Hospital de San Roque por arredor de 217.000€. Nesa ocasión, as obras centráronse en solucionar os problemas de humidade, resolver as deficiencias nos elementos de evacuación das augas pluviais e instalar novos elementos como canais e baixantes de cobre. Contando coa actuación agora en marcha, o investimento total da Xunta neste edificio elévase a preto de 600.000 euros desde 2019.

O antigo Hospital de San Roque é a sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Instituto Padre Sarmiento, do Centro Ramón Piñeiro e da Academia de Farmacia de Galicia. A súa traza foi deseñada polo mestre de obra da Igrexa Maior de Santiago, Gaspar de Arce, e as obras déronse por rematadas no ano 1585. No Pazo se realizan actividades culturais de moi diversa natureza que o converten nun centro de acción cultural de referencia da Xunta no casco histórico de Santiago de Compostela.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22900 {"title":"Román Rodríguez comproba as obras de rehabilitación das cubertas do Antigo Hospital de San Roque, en Santiago, cun investimento de 345.000€ da Xunta","published_date":"2024-03-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/661594\/20240309+San+Roque1.jpg","id":"22900"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-09/22900-roman-rodriguez-comproba-as-obras-rehabilitacion-das-cubertas-do-antigo-hospital-san-roque-santiago-cun-investimento-345-000-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.