Román Rodríguez destaca a preservación do patrimonio como unha das principais liñas de actuación da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Salienta a necesidade de harmonizar a protección dos bens culturais co desenvolvemento orgánico das contornas urbanas

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, participou esta mañá na inauguración do curso A protección do patrimonio histórico e a súa conexión co urbanismo, organizada polo Consello Xeral do Poder Xudicial, onde salientou a aposta da Xunta de Galicia "pola preservación patrimonial como corazón da nosa estratexia cultural e unha das principais liñas de actuación do Goberno galego".

"O noso deber como axentes públicos é garantir a protección, preservación e divulgación do patrimonio histórico sen que isto repercuta no desenvolvemento orgánico das contornas urbanas das que forman parte", explicou Román Rodríguez, afirmando que o desenvolvemento urbano "require da base firme do patrimonio cultural para asegurar o seu propio crecemento".

O representante do Goberno galego incidiu na necesidade de que os bens patrimoniais continúen desempeñando un papel de cohesión elemental que realizan. "O patrimonio transcende ao propio territorio e vincula cada actuación sobre a os principais ben culturais, polo que toda actuación legal que se acometa sobre este debe ser executada coa responsabilidade correspondente ao seu peso histórico", sinalou.

Plans en marcha

"Desde a Xunta queremos seguir ampliando as iniciativas de conservación do noso patrimonio", salientou o conselleiro en funcións, destacando liñas como o Plan Catedrais 2021-2027 ou as actuacións para a salvagarda dos valores culturais, arqueolóxicos e etnográficos que se realizan en todo o territorio galego. "O patrimonio é unha oportunidade para todos, para o seu aproveitamento cultural, a súa proxección exterior e para fortalecer a marca de país", rematou.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23521 {"title":"Román Rodríguez destaca a preservación do patrimonio como unha das principais liñas de actuación da Xunta","published_date":"2024-04-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887128\/240410_patrimonio_03x.jpg","id":"23521"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-10/23521-roman-rodriguez-destaca-preservacion-do-patrimonio-como-unha-das-principais-linas-actuacion-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.