A Xunta destina 350.000 euros á promoción da lingua galega nas entidades locais

  • A convocatoria de axudas está dirixida a apoiar a creación, o reforzamento e o mantemento dos servizos lingüísticos, así como as programacións municipais de dinamización lingüística
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia entre hoxe e o 26 de abril

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024

A Xunta de Galicia destinará este ano 350.000 euros á promoción da lingua galega no eido local. Así o recolle a resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, procedendo á súa convocatoria para o ano 2024.

 

Deste xeito, os concellos galegos e agrupacións dos mesmos que superen os 3.000 habitantes poderán solicitar desde hoxe e ata o 26 de abril estas axudas, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico e promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega nas entidades locais. As solicitudes irán dirixidas á Secretaría Xeral de Política Lingüística e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Con este apoio, as entidades beneficiarias prestaranlle á poboación servizos lingüísticos baixo algunha das tres modalidades obxecto de subvención: a creación dunha unidade técnica de traballo, o mantemento das xa existentes ou a implantación de programas de dinamización lingüística.

 

Os concellos ou agrupacións destes que resulten beneficiarios terán a posibilidade de imputar os gastos derivados das accións normalizadoras que se realicen no período que vai desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2024.

 

A convocatoria enmárcase nas accións de promoción do galego desde o ámbito local que desenvolve a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, entre as que destacan a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), que integra máis de 200 entidades e os programas e as iniciativas asociadas a ela.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23286 {"title":"A Xunta destina 350.000 euros á promoción da lingua galega nas entidades locais","published_date":"2024-03-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23286"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-27/23286-xunta-destina-350-000-euros-promocion-da-lingua-galega-nas-entidades-locais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.