O Festival Internacional Pórtico do Paraíso ofrece co apoio da Xunta cinco concertos en espazos patrimoniais de Ourense, Castro Caldelas e Cea

  • O evento, dedicado á difusión da música culta desde escenarios arquitectónicos singulares, desenvolverase entre o 3 e o 12 de maio
  • Ademais dos concertos, están programados dous encontros con estudantes no Conservatorio Profesional de Música ourensán

Ourense, 2 de abril de 2024

A organización do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso presentou hoxe o cartel da súa 17ª edición, que se celebrará do 3 ao 12 de maio en diferentes espazos singulares dos concellos de Ourense, Castro Caldelas e Cea. A Xunta de Galicia mantén a súa colaboración económica con esta iniciativa, dedicada á difusión da música culta desde escenarios arquitectónicos patrimoniais, que este ano ofrecerá cinco concertos a cargo de formacións de Serbia, Francia e España, ademais do dúo integrado polo arpista galego Manuel Vilas e a mezzo-soprano polaca Paulina Ceremuzynska.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou nesta presentación xunto a César Fernández Gil, deputado de Cultura da Deputación Provincial de Ourense, e Juan Enrique Miguéns, presidente da Asociación Pórtico Musical e director artístico do encontro.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades felicitou a organización polo cartel deste ano e pola súa aposta continua por achegarlle a música clásica a todo tipo de públicos. Asegurou tamén que Pórtico do Paraíso ten xa consolidado un importante papel como plataforma de difusión da música culta a través de propostas tanto de intérpretes galegos como do resto de España e do panorama internacional.

No castelo de Castro Caldelas e no mosteiro de Oseira

Jacobo Sutil destacou tamén a traxectoria de descentralización seguida polo festival e a súa apertura a unha contorna natural e patrimonial para un evento que xa conta co aval do público e con recoñecementos tan destacados como o selo de calidade EFFE Label, que concede a Asociación de Festivais Europeos.

Así por exemplo, no cartel deste ano, o castelo de Castro Caldelas acollerá o 5 de maio o dúo galego-polaco no que se xuntan os talentos do arpista compostelán Manuel Vilas e a voz da mezzo-soprano especializada en música antiga pola Universidade de Varsovia, Paulina Ceremuzynska.

Outro espazo arquitectónico singular, o do Mosteiro de Santa María de Oseira, en Cea, será o escenario para o recital de peche o 12 de maio a cargo do grupo de voces, violín e percusións Diabolus in Musica, procedente de Francia.

Na cidade de Ourense terá lugar o concerto inaugural que correrá a cargo do cuarteto vocal Cantoría o 3 de maio no Liceo, mentres que o Teatro Principal acollerá a actuación  do trío español de clarinete, viola e piano, Música y Memes, o día 7, e o acordeonista serbio Miloš Milivojević tocará na Igrexa de Santo Anxo o día 10.

Encontros con estudantes no Conservatorio

Nesta edición, en paralelo ao programa de concertos, o Conservatorio Profesional de Música de Ourense acollerá dúas sesións nas que o alumnado terá a oportunidade de coñecer de cerca o traballo do grupo vocal español Cantoría, que visitará o centro o 2 de maio, e do acordeonista serbio Miloš Milivojević, que compartirá unha sesión con estudantes o día 9.

As entradas para a 17ª edición do Festival Internacional Pórtico do Paraíso están xa á venda tanto en liña, a través da súa web, como fisicamente no Liceo de Ourense e no establecemento Musical González.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23345 {"title":"O Festival Internacional Pórtico do Paraíso ofrece co apoio da Xunta cinco concertos en espazos patrimoniais de Ourense, Castro Caldelas e Cea","published_date":"2024-04-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23345"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-02/23345-festival-internacional-portico-do-paraiso-ofrece-co-apoio-da-xunta-cinco-concertos-espazos-patrimoniais-ourense-castro-caldelas-e-cea https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.