Román Rodríguez asiste á estrea en Galicia do espectáculo 'Manuela Rey is in da house'

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, asistiu hoxe no Teatro Principal de Santiago de Compostela á estrea en Galicia de Manuela Rey Is In Da House, o espectáculo producido entre o Centro Dramático Galego, o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana do Castelo, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional  São João do Porto que recupera a esquecida figura da actriz orixinaria de Mondoñedo, estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX.

Acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o titular de Cultura compartiu co público e co equipo artístico galego-portugués da montaxe a súa primeira función nun escenario galego, despois da súa anterior estadía en Portugal, onde voltará nos vindeiros meses para levar a cabo representacións en festivais destacados do Porto, Almada e Lisboa. Con dirección escénica e dramaturxia de Fran Núñez e coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude para facer a obra adaptable a persoas con discapacidade, a peza afonda na proxección exterior da unidade teatral da Xunta e na súa estreita relación coas principais estruturas da escena lusa como unha das primeiras actividades do ano no que o Centro Dramático Galego celebra o seu 40º aniversario.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23020 {"title":"Román Rodríguez asiste á estrea en Galicia do espectáculo 'Manuela Rey is in da house'","published_date":"2024-03-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23020"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-14/23020-roman-rodriguez-asiste-estrea-galicia-do-espectaculo-manuela-rey-is-in-da-house https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.